Reunión coa SXT de Medio Rural para a modificación da RPT do SPIF. UDEX e técnicos.

Onte 8 de xuño de 2026 celebrouse unha reunión entre representantes da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e as organizacións sindicais para presentar o borrador dunha memoria xustificativa para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) vinculada ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), que se estrutura en dous bloques:

BLOQUE I: CREACIÓN DA UNIDADE DE DIRECTORES/AS DE EXTINCIÓN (UDEX)

A Consellería propón incorporar á RPT unha estrutura específica para a Unidade de Directores/as de Extinción (UDEX), que vén funcionando desde o ano 2023.

Segundo a proposta, a UDEX quedaría integrada por 15 postos con ámbito de actuación autonómico:

  • 1 posto de Axente Coordinador/a Autonómico/a UDEX, con nivel 25 e provisión por LD.
  • 2 postos de Axentes Coordinadores/as UDEX, con nivel 22 e provisión mediante Concurso Específico.
  • 12 postos de Axentes UDEX, con nivel 20 e provisión mediante Concurso Ordinario.
BLOQUE II: MODIFICACIÓN DE POSTOS TÉCNICOS DO SPIF

Por unha banda, a Consellería propón incorporar ao Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 do SPIF un total de seis postos que actualmente realizan funcións vinculadas ás gardas de incendios forestais.

 

Código de posto

 

Denominación

 

Centro directivo

MRC991080115001010 XEFATURA ÁREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA – SFPIF
MRC991080127001009 XEFE/A DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II DIRECCIÓN TERRITORIAL DA LUGO – SFPIF
MRC991080132001011 XEFE DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II DIRECCIÓN TERRITORIAL DE OURENSE – SFPIF
MRC991080136001011 XEFE DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II DIRECCIÓN TERRITORIAL DE PONTEVEDRA – SFPIF
MRC991080115001015 POSTO BASE A1 DIRECCIÓN TERRITORIAL A CORUÑA
MRC991080127001004 POSTO BASE A1 DIRECCIÓN TERRITORIAL A LUGO

Por outra banda propón a reorganización de catro postos técnicos provinciais mediante a homoxeneización da súa denominación, a integración de todos no SPIF, e a apertura destes postos aos subgrupos A1 e A2.

 

CÓDIGO DE POSTO

 

DENOMINACIÓN DO POSTO

 

ESCALA

 

SUBGRUPO

 

NIVEL

MRC991080115001213 TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF EME3/ESE5 A1-A2 20
MRC991080127001004 TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF EME3/ESE5 A1-A2 20
MRC991080132001010 TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF EME3/ESE5 A1-A2 20
MRC991080136001010 TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF EME3/ESE5 A1-A2 20

Desde CSIF queremos agradecer as numerosas achegas xa recibidas e informarvos de que seguimos recollendo propostas e suxestións ata o xoves 11.06.2026 ás 12.00 co fin de elaborar e presentar unhas alegacións que reflictan fielmente as necesidades, inquietudes e reivindicacións dos profesionais do SPIF.