Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas de Función Pública: prazos para a elección de destinos e outros procesos

A Comisión de Persoal celebrada onte abordou como único punto da orde do día a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Administración Xeral da Xunta  nas consellerías de Emprego e de Presidencia. A modificación, derivada da execución de dúas sentenzas xudiciais, permite outorgar destino definitivo nos postos que o persoal ocupaba con carácter provisional. CSIF votou a favor da proposta, ao tratarse da execución dun mandato xudicial.

Na rolda aberta de intervencións, a preguntas dos representantes sindicais, a directora xeral de Emprego Público deu a seguinte información:

A pretensión da DXEP é facer un único acto de elección para todo o persoal, sempre e cando non existan moitas renuncias do proceso de estabilización que poidan interferir nas tomas de posesión dos procesos do 23 e 24. En todo caso, elaborarán un único buzón para a elección de destino.

Salir de la versión móvil