Alegacións formuladas pola CSIF ante a Dirección Xeral de Función Pública, relativas ás prazas propostas para elección de destino da Escala de Veterinarios.
Á vista da relación de prazas proposta pola Dirección Xeral de Función Pública para ser ofertadas na elección de destino do persoal que superou o proceso selectivo convocado para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, Escala de Veterinarios (Orde do 31 de marzo de 2017), esta Central Sindical formula as seguintes ALEGACIÓNS:
1.- Xustificación do carácter provisional das tomas de posesión:
Dende a CSIF solicitamos que por parte da Dirección Xeral de Función Pública se especifique de forma motivada a razón do carácter provisional das tomas de posesión.
As tomas de posesión do persoal de novo ingreso deben ter, como regra xeral, carácter definitivo, polo que as excepcións á dita regra xeral deben de estar perfecta e publicamente motivadas e xustificadas.
2.- Oferta para elección de destino de postos de nivel:
Con independencia do carácter provisional das tomas de posesión, a CSIF solicita que todos os postos de nivel que se ofertan para elección de destino, sexan ofertados previamente para ser cubertos mediante Comisións de servizos polas persoas que xa ostentan a condición de funcionarios de carreira. Isto ata que se produza a súa provisión definitiva polo sistema de concurso previsto no artigo 89 da Lei do emprego público de Galicia.
3.- Prazas afectadas polos procesos de Consolidación que se ofertan a elección de destino:
CSIF rexeita que se utilicen prazas de consolidación de categorías de persoal afectadas pola Disposición Transitoria Décima do Convenio Colectivo e incluídas na OPE do ano 2017, para ofertar destino aos aprobados na oposición da Escala de Veterinarios convocada para prazas de persoal funcionario. Dita medida levaría implícita a redución futura das prazas a convocar nos procesos de consolidación da citada Disposición Transitoria Décima da OPE 2017 nun número de prazas igual ao de agora utilizado, mermando con elo, unha vez máis, as posibilidades de consolidar o seu posto de traballo aos traballadores afectados pola segunda parte da consolidación.
O resultado final será a redución del número total de prazas estruturais de veterinarios, ben sexan laborais ou funcionarios, na Administración Xeral da Xunta de Galicia.
Unha vez máis, dende a CSIF rexeitamos o Plan de Estabilización asinado entre CCCOO, UGT e a Xunta de Galicia e esiximos a extensión dos dereitos da primeira parte da consolidación ao persoal afectado pola segunda parte.