A Comisión de Persoal celebrada onte abordou como único punto da orde do día a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Administración Xeral da Xunta nas consellerías de Emprego e de Presidencia. A modificación, derivada da execución de dúas sentenzas xudiciais, permite outorgar destino definitivo nos postos que o persoal ocupaba con carácter provisional. CSIF votou a favor da proposta, ao tratarse da execución dun mandato xudicial.
Na rolda aberta de intervencións, a preguntas dos representantes sindicais, a directora xeral de Emprego Público deu a seguinte información:
- A resolución para a elección de destinos dos procesos de corpos especiais (F0425-Laboratorio, mantemento e condución, limpeza, cociña e recursos naturais e forestais) publicarase no DOG a última semana de setembro.
A pretensión da DXEP é facer un único acto de elección para todo o persoal, sempre e cando non existan moitas renuncias do proceso de estabilización que poidan interferir nas tomas de posesión dos procesos do 23 e 24. En todo caso, elaborarán un único buzón para a elección de destino.
- A continuación, publicarase a elección de destino de PSX e xerocultores e, despois, a de veterinarios.
- As probas físicas do SPIF correspondentes ás oposicións de maio de 2026 non se realizarán mentres non remate o período de alto risco de incendios.
- Nos procesos A1 e A2 de Finanzas está pendente de convocar o concurso de traslados.
- En canto ás oficinas de emprego, a directora contestou que se retomarían as negociacións coa Consellería unha vez rematados todos os procesos.
