A CIG segue erre que erre e ratificouse en instar a anulación da referida OPE, e en consecuencia SUPRIMIR A METADE DAS PRAZAS OFERTADAS DAS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL LABORAL, baseándose na falta de lexitimación dos asinantes do referido acordo para adoptar o mesmo, así como na falta de publicación e rexistro. É dicir, achaca defectos formais; A CIG antepón un defecto de forma aos intereses dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia xa que o fondo do acordo non é outro que posibilitar que se dupliquen as prazas a ofertar na OPE.
Evidentemente, as partes asinantes do acordo defendemos a validez do acordo, baseándonos –a modo de resume- en que o propio V Convenio prevé a posibilidade de adoptar pactos entres a Administración e as organizacións sindicais que modifiquen o disposto no Convenio.
Ademais, os servizos xurídicos da CSI•F criticaron con dureza a petición de anulación da referida OPE por parte da CIG, toda vez que non existe un obxecto ou interese manifesto e claro desta impugnación, toda vez que único que se conseguiría sería reducir á metade ás prazas de promoción interna e libre, causando un claro prexuízo para os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia.
Seguiremos informando segundo dispoñamos de novas ao respecto.
