Rexeitamos o intento da CIG de reducir á metade as prazas do persoal laboral na OPE por electoralista

CSIF informa OPECSI-F, CCOO e UGT rexeitan o intento da CIG de reducir á metade as prazas da OPE 2016 para o persoal laboral por electoralista


Os tres sindicatos sostemos que a CIG rompe a unidade sindical coa súa demanda contra un acordo positivo para os traballadores por motivos políticos

A CIG ven de interpor Conflito Colectivo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denunciando o Acordo polo que se configura a OPE do 2016 para o persoal laboral da Xunta de Galicia e denunciando aos sindicatos asinantes do mesmo (CC.OO, CSI•F e UGT) así como á Xunta de Galicia. Acordo, polo que se duplica o número de prazas de promoción interna e acceso libre para as categorías do SPDCIF e resto de oferta de persoal laboral con respecto á proposta inicial da Xunta de Galicia.

Este acordo permite ofertar o seguinte número de prazas:

CATEGORÍAS PLAZAS TURNO LIBRE PLAZAS P. INTERNA
Conductor Autobomba 30 30
Vigilante 10 10
Emisorista 10 10
Peón 22 22
Peón-Conductor 22 22
Aux. Enfermeria 70 96
Camareir@/limpador@ 76 76

Coa súa demanda, a CIG pretende reducir as prazas de oferta pública quedando da seguinte maneira:

CATEGORÍAS PLAZAS TURNO LIBRE PLAZAS P. INTERNA
Conductor Autobomba 15 15
Vigilante 5 5
Emisorista 5 5
Peón 11 11
Peón-Conductor 11 11
Aux. Enfermería 35 35
Camareir@/limpador@ 38 38
O que a CIG pretende, coa súa denuncia ante o TSXG, é reducir á metade á Oferta de Emprego Público. De saír adiante as súas aspiracións, o persoal temporal virá reducida á metade ás súas expectativas de consolidación de emprego, así como tamén as verán reducidas todas aqueles que aspiren a unha praza pola quenda de acceso libre. E a única razón para elo é meramente política: “Non chegar a acordos cun goberno do PP”, con independencia de que ditos acordos beneficien aos traballadores.

UGT, CCOO e CSIF sempre defenderemos os intereses dos traballadores que representamos e loitaremos contra aqueles que pretenden romper a UNIDADE SINDICAL que se plasma na PLATAFORMA EN DEFENSA DO SPDCIF e neste acordo que reduce a alta interinidade do persoal laboral.

Así mesmo, desde CSI•F, UGT e CC.OO rexeitamos e consideramos reprobable que criterios políticos e electoralistas se superpoñan aos intereses sindicais que son os únicos que deben prevalecer en calquera organización que di defender aos traballadores.

As tres centrais sindicais asinantes do Acordo xa anunciamos que nos personaremos no Conflito Colectivo interposto pola CIG para defender os intereses lexítimos do persoal laboral da Xunta de Galicia a consolidar o seu emprego, así como os daqueles que aspiran a obter un posto de traballo na Administración.