‘Varapalo’ do TSXG á CIG por non «aceptar o xogo das maiorías» na OPE 2016 para o persoal laboral

Invalida os seus argumentos, alerta de que prexudicaría a centos de incorporacións e apoia a CSI-F e ao resto de sindicatos que acordaron aumentar as prazas, «conscientes de la necesidad de ofertar un mayor número de puestos de trabajo».

«La CIG no acepta el juego de las mayorías por lo que […] la aplicación de una cláusula que fomenta la agilidad en la negociación no es válida si la decisión no coincide con su propia posición, lo que en ningún caso es de recibo». Con esta contundencia, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de fallar en contra do sindicato nacionalista na súa pretensión de reducir á metade as prazas ofertadas das diversas categorías de persoal laboral da OPE 2016 na súa demanda contra a Xunta e os sindicatos, entre eles CSI-F, que si acordaron o incremento.

A intención da CIG ao acudir ante a Xustiza foi anular a OPE e, en consecuencia, suprimir a metade das prazas ofertadas, baseándose na falta de legitimación dos asinantes do acordo para adoptalo, así como na falta de publicación e rexistro. Con todo, o TSXG dá a razón aos servizos xurídicos de CSI-F, que sostiveron que a negociación da modificación do V Convenio non é exclusiva do Comité Intercentros, como aseguraba a CIG, e que o acordo adoptado pola Comisión de Persoal non carece de eficacia xa que foi inscrito e rexistrado. Así mesmo, dá a razón á CSI-F ao soster, tal e como incidiron os seus avogados, “que no se vislumbra cuál es el objetivo buscado de la anulación del Acuerdo, que supondría paralizar la OPE 2016”.

Neste pau xudicial, o TSXG alerta das consecuencias que tería compartir os postulados da CIG, “ya que perjudicaría a varios cientos de eventuales incorporaciones, al verse coartada dicha convocatoria” e avala sen ambaxes a postura da CSI-F e do resto de forzas sindicais, “conscientes tanto de la necesidad de ofertar un mayor número de puestos de trabajo de estas categorías para su cobertura en destino definitivo, como también de fomentar la promoción interna del personal laboral”.

Xogar co emprego público en período electoral

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) manifesta a súa satisfacción por esta pronta resolución por parte do TSXG para acabar coa incerteza creada pola CIG entre centos de traballadores e pide ao sindicato nacionalista que deixe de xogar, aproveitando o período electoral, co traballo dos empregados públicos.

Categorías OPE