O que a CIG falsea para intentar reducir a metade ás prazas de persoal laboral da OPE 2016

CSIF informa OPEAclaración á ‘nota desinformativa’ da CIG sobre a presentación do conflicto colectivo contra as prazas da OPE 2016 do persoal laboral da Xunta de Galicia.

É certo que a demanda da CIG vai contra o acordo asinado o 24 de febreiro de 2016, por CCOO, CSIF e UGT.

É certo que o acordo asinado deixa sen efecto, para a OPE-2016 do persoal laboral, o artigo 9 do Convenio Único, pero para melloralo e amplialo.

É certo que a disposición 11ª do V Convenio Colectivo U (disposición que debera coñecer a CIG), establece que: “O disposto neste convenio poderá alterarse ou modificarse pola aplicación de pactos que poidan subscribirse entre a Administración e as organizacións sindicais cando no contido se faga referencia ao persoal laboral suxeito ao dito convenio”.

É certo que a Lei de orzamentos do Estado 2016 prohibe a superación da taxa de reposición de efectivos establecida na mesma, en todo o Estado (incluída Galicia), co que faría ilegal calquera OPE que non a tivese en consideración.

Polo tanto, e en atención ao anterior:

Non é certo que o acordado sexa ilegal ou polo menos nestes momentos non o é, pois duplicar as prazas ofertadas xa supón mais que a acumulación que preveía o artigo inicial (xa nos gustaría que en toda as OPEs, incluídas as do persoal funcionario, se puidesen duplicar as prazas como nesta ocasión).

Non é certo que con esta modificación puntual se eliminen as prazas de promoción interna, todo o contrario: duplícanse as de promoción interna e as de acceso libre (cando se acumulan a fase de acceso libre é cando se lle resta precisamente o 50%, que foi o que se mellorou co acordo).

Non é certo que non houbese negociación coas organizacións sindicais que están lexitimadas para facelo (entre elas estivo sempre presente a CIG), pois non só e competente o Comité Intercentros para negociar, tamén o son os sindicatos. Na citada negociación a CIG aceptou o compromiso da Administración de ofertar na próxima OPE as vacantes dos grupos e categorías non ofertadas na OPE 2016.

Non é certo que non se constituirá unha comisión negociadora, pois seguise o mesmo criterio que para outros acordos (que a CIG non impugnou).

É certo que non se publicou o acordo, pero si as consecuencias do acordo, polo que ese “trámite formal” aínda se pode corrixir.

Non é certo que o acordo infle a OPE, pois todos os sindicatos nos opuxemos a mesma, por insuficiente e por outros moitos motivos, pero o que non se pode negar é que o acordo favorece ao persoal de promoción interna e ao persoal de acceso libre, ao multiplicar as prazas por 2.

E certo que a submisión da CIG aos ditados políticos partidistas nunca favoreceu os intereses xerais dos traballadores/as, pero con esta demanda aínda quedan en máis evidencia. Parece que o único que lles preocupa ….

Grazas a súa “colaboración vergoñenta” temos ao persoal do Consorcio e ao de SEAGA sen convenio colectivo e sen regulación das condicións de traballo, despois de 8 anos desde a súa creación, a pesar de ter unha super-maioría sindical nos mesmos.

A demagoxia e a manipulación é unha sinal inequívoca da CIG, porque forma parte do seu ADN, pero resulta mais lamentable cando se utiliza para agochar as propias eivas sindicais que acumulan nestes anos atrás, e que evidencian que cada vez son mais unha correa de transmisión de intereses alonxados dos traballadores/as galegos.

Dende CCOO, CSIF e UGT esiximos a retirada deste conflito colectivo, pois a simple presentación do mesmo xa causou o primeiro dano, paralizar a negociación das bases deste proceso selectivo, intranquilizar ao persoal de promoción interna e preocupar aos opositores de acceso libre, pero de prosperar serían moito mais graves as consecuencias, porque se reducirían a metade as prazas ofertadas para o persoal laboral, e seguiríamos sen que se convocasen tódalas prazas, sen promoción interna real, etc.