Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Propostas de CSI-F para a reestruturación e promoción interna do persoal ao servizo do Parlamento

comisión de traballoNesta nova xuntanza (27/06/2016) cos representantes da administración do Parlamento de Galicia, púxose en coñecemento das organizacións sindicais varios acordos alcanzados cos representantes da Xunta de Persoal Funcionario do Parlamento:

Dentro da reestruturación proposta pola administración parlamentaria, está prevista a amortización do posto de Director de Recursos Humanos e Réxime Interior, de xeito que as competencias desenvolvidas por esta dirección pasarán a engrosar os cometidos dos letrados, que repartiran as ditas tarefas de xeito que se encargaran da área de transparencia, da área de persoal, de contratación e de calidade do servizo. As ditas responsabilidades serán repartidas entre catro letrados do parlamento, e coordinadas polo Letrado Maior e implicarán un incremento retributivo dun total de 190 euros mensuais para compensar as novas responsabilidades. Este incremento retributivo está configurado como un complemento de produtividade que se aplicará, segundo nos informa a administración, de forma provisional e se irá avaliando o funcionamento deste sistema, e non supón un complemento que se consolide definitivamente.

Dende a CSI•F requirimos que esta cuestión sexa obxecto de negociación porque consideramos que encaixa no tenor do artigo 67 do Estatuto de Persoal do Parlamento de Galicia, que establece na súa alínea a) que será materia obxecto de negociación o incremento das retribucións do persoal da Administración do Parlamento de Galicia que proceda incluír no proxecto de orzamentos do Parlamento de Galicia.

Así mesmo, e en relación coa promoción interna proxectada, solicitamos que se retire a proposta de amortización das prazas que queden vacantes unha vez os seus titulares promocionen. Dende a CSI•F avogamos pro establecer un sistema de provisión baseado na oferta, en primeiro lugar, de todos os postos vacantes a través dun concurso de méritos e, unha vez completado ese proceso, que se oferten as prazas que queden vacantes polo sistema de promoción interna correspondente.

Tamén solicitamos que se procede á creación e, en consecuencia, á inclusión neste proceso de cobertura, daquelas prazas que podan ser precisas e necesarias para o desenvolvemento da actividade de parlamentaria.

Salir de la versión móvil