Novas sobre funcionarización, convocatorias pendentes, integración e oficinas de rexistro

Comisión de persoalCOMISIÓN DE PERSOAL: ÚLTIMAS NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA DO DÍA 2 DE DECEMBRO DE 2016.

Dende a CSI•F preguntamos ao respecto dunha información publicada hoxe no Faro de Vigo na que se asegura que a Xunta abrirá o próximo ano coa funcionarización de 3.300 empregados, comezando polo persoal do Consorcio e polos bombeiros forestais.

O director xeral de Función Pública contestou que a dita información non era certa, e que é verdade que nos acordos asinados respecto do persoal do servizo de incendios e do Consorcio se fala da súa funcionarización, pero que, sobre todo ao respecto do persoal do Consorcio, haberá que aprobar en primeiro lugar a modificación das categorías e despois iniciar o proceso de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia, polo que non ten prioridade en absoluto.

Si é certo tamén que está previsto empezar coa funcionarización o próximo ano e comezar polo persoal laboral da consellería de Política Social e polo persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.

Polo que respecta ao Consorcio ademais, comprométese a que as organizacións sindicais sexan citadas polo Consorcio para explicar o proceso actualmente en marcha de. contratación temporal. O director xeral de Función Pública explica que se está a preseleccionar persoal para cubrir os días da próxima semana e do Nadal, para aquelas listas nas que o propio Consorcio non ten persoal para efectuar os chamamentos.

No que respecta ao persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e a convocatoria de prazas pendentes e correspondentes á OPE de 2016, comenta que están a espera de ter estudado o proceso de funcionarización para determinar si convocan as ditas prazas nas correspondentes categorías de persoal laboral ou nas escalas de persoal funcionario corresponden.

Outras cuestións:

– Proxectos de convocatoria pendentes: os próximos en ir a negociación serán os de Veterinarios e Delineantes.

– Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, declara inhábiles aos efectos de presentación de documentos os sábados, de momento, as oficinas correspondentes seguirán abrindo os sábados, porque ademais de tarefas de rexistro, son puntos de información e atención ao cidadán. O que si está a estudar a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o peche das ditas oficinas os días 24 e 31 de decembro, decisión que se comunicará “en breve” máis pola proximidade da data que pola presa da Administración.

– Integración do persoal das entidades dependentes da Xunta de Galicia: por unha parte, recibimos a información de que a partir da próxima semana se convocará a Comisión de Integración de GAIN para comezar os seus traballos de exame da documentación e informe.

Ademais, en referencia á posible modificación do Decreto 129/2012,  que regula os procesos de integración do persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia, o director nos confirma que no mes de febreiro será aprobada no Parlamento, xunto coa Lei de Medidas a modificación da D.A 11ª la LOFAXGA  ao respecto de completar a súa regulación coas precisións oportunas para o persoal laboral temporal dos ditos organismos e entidades. Unha vez se produza a dita modificación valorarase, coas organizacións sindicais, a modificación do Decreto 129/2012 se se considera oportuno.