Tras a indignación causada pola denuncia, Función Pública viuse obrigada a remitir a CSIF a nova proposta que está a pactar co Bloque Sindical de Clase ás costas dos traballadores
Confírmase o oscurantismo das negociacións para a creación das categorías de Xerocultor e PSX
Esta nova proposta non so afecta a creación das categorías de Xerocultor e PSX, senón que tamén supón unha modificación substancial do Acordo de Integración aprobado na Comisión de Persoal do día 22 de setembro de 2016.
A pesares de que Función Pública pretende darlle carácter de “confidencialidade” a este novo documento para tratar de mantelo oculto aos traballadores, dende CSIF consideramos que unha negociación que leva xa meses aberta e que afecta a milleiros de traballadores, tanto do Consorcio de I+B como da Xunta de Galicia, tense que levar a cabo con total transparencia.
Por contra, CSIF recrimina a Función Pública o intento de vulnerar os principios de boa fe negocial, publicidade e transparencia que debe rexer en toda negociación das condicións de traballo dos empregados públicos. En consecuencia, CSIF esixirá de Función Pública que desclasifique o documento ou que, no seu caso, xustifique o motivo da confidencialidade e ocultación aos empregados públicos.
