Confírmase o oscurantismo das negociacións para a creación das categorías de Xerocultor e PSX

Tras a indignación causada pola denuncia, Función Pública viuse obrigada a remitir a CSIF a nova proposta que está a pactar co Bloque Sindical de Clase ás costas dos traballadores

Confírmase o oscurantismo das negociacións para a creación das categorías de Xerocultor e PSX

captura-de-pantalla-2017-01-12-a-las-11-15-31Poucas horas despois de ser requirida baixo a advertencia de estar a vulnerar a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, Función Pública optou por remitir a CSIF a nova proposta de creación das categorías de Xerocultor e PSX que está a negociar en segredo con CIG, CCOO e UGT (o Bloque Sindical de Clase), recoñecendo así que a denuncia de oscurantismo formulada por CSIF era totalmente certa.

Esta nova proposta non so afecta a creación das categorías de Xerocultor e PSX, senón que tamén supón unha modificación substancial do Acordo de Integración aprobado na Comisión de Persoal do día 22 de setembro de 2016.

A pesares de que Función Pública pretende darlle carácter de “confidencialidade” a este novo documento para tratar de mantelo oculto aos traballadores, dende CSIF consideramos que unha negociación que leva xa meses aberta e que afecta a milleiros de traballadores, tanto do Consorcio de I+B como da Xunta de Galicia, tense que levar a cabo con total transparencia.

Por contra, CSIF recrimina a Función Pública o intento de vulnerar os principios de boa fe negocial, publicidade e transparencia que debe rexer en toda negociación das condicións de traballo dos empregados públicos. En consecuencia, CSIF esixirá de Función Pública que desclasifique o documento ou que, no seu caso, xustifique o motivo da confidencialidade e ocultación aos empregados públicos.