PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (06/0472017)
Tampouco se proporciona memoria económica, o que ven sendo unha nova costume á hora de negociar modificacións das relacións de postos de traballo.
A proposta de modificación desta RPT, pretende, segundo a memoria explicativa “redistribuir e concretar as funcións no ámbito de (…) algúns centros directivos” da Axencia Tributaria de Galicia.
Para a dita finalidade proponse a creación dun total de 3 postos:
- Unha Xefatura de Área, de nivel 30 provisión por LD, para englobar os actuais departamentos de Recursos Humanos e Réxime Interior, Xestión Económico-Financieira, Orzamentaria e Contable, e de Auditoría e Calidade.
- Unha Xefatura de Departamento, de nivel 28 e provisión por Concurso Específico, como cabeza dun novo departamento de Planificación e do Control Tributario.
- Unha Xefatura de Negociado”, de nivel 18, que dependerá directamente do titular da Dirección da Axencia.
Á creación das ditas xefaturas, como sempre, vai unida a amortización dunha serie de postos, en concreto 4 aos que se refiren como “vacantes”, e un quinto que se amortiza como consecuencia da creación dunha nova área de coordinación, xestión económica e asuntos xerais, e que non está vacante neste momento, sen que aporte máis explicación ao respecto.
Pero o capítulo de amortizacións non se pecha con estas cinco primeiras, senón que aparecen reflexadas outras 5, en virtude do obrigado cumprimento do artigo 26 da Lei 1/2017, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2017, que son, segundo sostén a Xunta, os primeiros da recuperación económica e do crecemento, pero que, polo que se ve, seguen recortando emprego público.
En total, amortízanse un total de 10 postos, para crear 3 xefaturas, dúas de elas de niveis 30 e 28. Conclusión, o de sempre, barrer cos postos base para crear postos de nivel facendo crecer a estrutura organizativa por arriba nun sinsentido que ven sendo xa demasiado habitual nesta Administración pública.
Os postos propostos para a súa amortización son os seguintes:
| Código de posto | Denominación | Niv. | Subgr. | Ads. | Provisión |
| FC.A20.00.000.15770.021 | Xefatura de Grupo | 14 | C1-C2 | AXG | C |
| FC.A20.00.000.15770.040 | Auxiliar Administrativo/a | 12 | C2 | AXG | C |
| FC.A20.00.000.15770.041 | Auxiliar Administrativo/a | 12 | C2 | AXG | C |
| FC.A20.00.000.15770.005 | Axudante de administración | 16 | C1-C2 | AXG | C |
| FC.A20.00.000.15770.060 | Xefatura de departamento de análise e información | 28 | A1-A2 | AXG | CE |
| FC.A20.00.003.15770.003 | Xefatura de unidade | 26 | A1 | AXG | C |
| FC.A29.10.000.27001.002 | Adxunto/a Delegado | 26 | A1 | AXG | C |
| FC.A29.10.000.32001.002 | Adxunto/a Delegado | 26 | A1 | AXG | C |
| FC.A29.10.000.36560.010 | Unidade de apoio administrativo | 18 | C1-C2 | AXG | C |
- AXG: exclusiva para persoal funcionario da Xunta e Galicia.
- C: concurso ordinario.
- CE: concurso específico.
Dentro do capítulo de ‘Outras modificacións’, tamén sorprende o cambio de criterio na modificación proposta para o posto de Xefatura do Departamento Central de Valoracións. Se nos novos criterios para a elaboración das RPT presentados por Función Pública, cada posto podería estar aberto a un máximo de dúas escalas ou titulacións, este aparece aberto a nada menos que a 6. Por iso, requirimos que a mesma excepción se faga con outros postos de outras consellerías ao respecto dos que se nos dixo que non podían estar abertos a súa provisión “por calquera”. Parece que a ATRIGA vai a ser excepcional en moitos sentidos.
Á vista da proposta e da incongruencia da mesma con ‘novos’ criterios para a elaboración e confección das relacións de postos de traballo, dende CSIF só podemos manifestar o noso malestar e solicitar a retirada da proposta no seu conxunto.
Por parte da ATRIGA ábrese un prazo de alegacións ata o próximo martes día 11 de abril.
