Nota informativa sobre a modificación de varias RPT’s

Nota informativa conxunta da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do día 28 de febreiro de 2023 e da Comisión de Persoal, celebrada o día 1 de marzo de 2023

Punto primeiro: Modificación da RPT da Presidencia da Xunta de Galicia.

CSIF valora positivamente a iniciativa da Presidencia por dotar os postos da Casa de Galicia en Madrid cun complemento específico diferencial que, ademais de axudar a facer máis apetecible ese destino, dignifica a condición de funcionario da Administración galega.

Igualmente, CSIF agradece que o incremento do importe final fose maior que o previsto inicialmente, recollendo a suxestión desta organización.

Votación:

CSIF: A favor.

CIG: En contra

CCOO: Abstención

UXT: Abstención.

Punto segundo: modificación da RPT da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).

Modificación correcta, con moita creación de emprego. Unha modificación de RPT tecnicamente impecable.

CSIF: A favor

CIG: A favor

CCOO: A favor

UXT: A favor

Punto terceiro: Modificación da RPT da Consellería de Facenda e Administración Pública

–      Nos servizos centrais da Intervención Xeral se cambian a LD sete xefaturas de servizo que eran de concurso específico na anterior RPT (na primeira proposta eran 9) A pesar da vontade negociadora da Consellería, nos parece insuficiente.

–      Tampouco estamos de acordo con que se amorticen postos sen pedir consentimento dos titulares ou ocupantes; nin con que se abran a outras administración postos de nivel, en vez de postos bases, toda vez que se está prexudicar a carreira administrativa dos funcionarios da Xunta.

CSIF: En contra

CIG: En contra

CCOO: A favor

UXT: Abstención

Punto cuarto: Modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galicia (ATURGA).

CSIF: A favor

CIG: En contra

CCOO: Abstención

UGT: A favor

Rogos e preguntas:

CSIF pregunta pola situación da  RPT do persoal da Lei 17/1989, así como polo incremento de nivel dos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública e a súa equiparación cos Inspectores Veterinarios.

Con respecto á RPT da Consellería de Sanidade, o director xeral de Función Pública informa que se está traballando nela, tanto na propia Consellería como na de Facenda

Con respecto a suba de niveis dos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP), dou a calada por resposta.