Modificación da RPT da Axencia Tributaria: barrer postos base para crecer na estrutura organizativa

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (06/0472017)

A CSIF, o primeiro que nos sorprende é que esta é a segunda proposta de modificación dunha RPT dende que o 7 de marzo do director xeral de Función Pública anunciase a incorporación a todas as relacións de postos de traballo da Xunta de Galicia das áreas funcionais, que se nos presenta sen indicación nin inclusión das mesmas na memoria funcional. Entendemos que se trata dun erro que debe ser corrixido, porque non aceptaremos a súa inclusión sen negociación como sucedeu na modificación da RPT do IGE.

Tampouco se proporciona memoria económica, o que ven sendo unha nova costume á hora de negociar modificacións das relacións de postos de traballo.

A proposta de modificación desta RPT, pretende, segundo a memoria explicativa “redistribuir e concretar as funcións no ámbito de (…) algúns centros directivos” da Axencia Tributaria de Galicia.

Para a dita finalidade proponse a creación dun total de 3 postos:

  • Unha Xefatura de Área, de nivel 30 provisión por LD, para englobar os actuais departamentos de Recursos Humanos e Réxime Interior, Xestión Económico-Financieira, Orzamentaria e Contable, e de Auditoría e Calidade.
  • Unha Xefatura de Departamento, de nivel 28 e provisión por Concurso Específico, como cabeza dun novo departamento de Planificación e do Control Tributario.
  • Unha Xefatura de Negociado”, de nivel 18, que dependerá directamente do titular da Dirección da Axencia.

Á creación das ditas xefaturas, como sempre, vai unida a amortización dunha serie de postos, en concreto 4 aos que se refiren como “vacantes”, e un quinto que se amortiza como consecuencia da creación dunha nova área de coordinación, xestión económica e asuntos xerais, e que non está vacante neste momento, sen que aporte máis explicación ao respecto.

Pero o capítulo de amortizacións non se pecha con estas cinco primeiras, senón que aparecen reflexadas outras 5, en virtude do obrigado cumprimento do artigo 26 da Lei 1/2017, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2017, que son, segundo sostén a Xunta, os primeiros da recuperación económica e do crecemento, pero que, polo que se ve, seguen recortando emprego público.

En total, amortízanse un total de 10 postos, para crear 3 xefaturas, dúas de elas de niveis 30 e 28. Conclusión, o de sempre, barrer cos postos base para crear postos de nivel facendo crecer a estrutura organizativa por arriba nun sinsentido que ven sendo xa demasiado habitual nesta Administración pública.

Os postos propostos para a súa amortización son os seguintes:

Código de posto Denominación Niv. Subgr. Ads. Provisión
FC.A20.00.000.15770.021 Xefatura de Grupo 14 C1-C2 AXG C
FC.A20.00.000.15770.040 Auxiliar Administrativo/a 12 C2 AXG C
FC.A20.00.000.15770.041 Auxiliar Administrativo/a 12 C2 AXG C
FC.A20.00.000.15770.005 Axudante de administración 16 C1-C2 AXG C
FC.A20.00.000.15770.060 Xefatura de departamento de análise e información 28 A1-A2 AXG CE
FC.A20.00.003.15770.003 Xefatura de unidade 26 A1 AXG C
FC.A29.10.000.27001.002 Adxunto/a Delegado 26 A1 AXG C
FC.A29.10.000.32001.002 Adxunto/a Delegado 26 A1 AXG C
FC.A29.10.000.36560.010 Unidade de apoio administrativo 18 C1-C2 AXG C
  • AXG: exclusiva para persoal funcionario da Xunta e Galicia.
  • C: concurso ordinario.
  • CE: concurso específico.

Dentro do capítulo de ‘Outras modificacións’, tamén sorprende o cambio de criterio na modificación proposta para o posto de Xefatura do Departamento Central de Valoracións. Se nos novos criterios para a elaboración das RPT presentados por Función Pública, cada posto podería estar aberto a un máximo de dúas escalas ou titulacións, este aparece aberto a nada menos que a 6. Por iso, requirimos que a mesma excepción se faga con outros postos de outras consellerías ao respecto dos que se nos dixo que non podían estar abertos a súa provisión “por calquera”. Parece que a ATRIGA vai a ser excepcional en moitos sentidos.

Á vista da proposta e da incongruencia da mesma con ‘novos’ criterios para a elaboración e confección das relacións de postos de traballo, dende CSIF só podemos manifestar o noso malestar e solicitar a retirada da proposta no seu conxunto.

Por parte da ATRIGA ábrese un prazo de alegacións ata o próximo martes día 11 de abril.