
De outro modo, dende a CSIF ESIXIMOS a modificación do acordo asinado pola Xunta de Galicia e CCOO e UXT sobre a segunda actividade e que se recoñeza o dereito á SEGUNDA ACTIVIDADE a TODO o persoal do SPDCIF ligado a extinción directa de incendios forestais, incluído o persoal laboral temporal.
Temos que lembrar que:
- Recentemente, a Dirección Xeral da Función Pública asinou un acordo cos sindicatos CCOO e UGT sobre a segunda actividade en determinadas categorías de Bombeiros Forestais do SPDCIF.
- Dito acordo exclúe o persoal temporal, contravindo as numerosas sentenzas, parte delas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), que determinan a aplicación do principio de igualdade de trato ao persoal temporal ao servizo das administracións públicas.
- Nas diferentes xuntanzas, Función Pública afirmou que dispuña de informes xurídicos que avalaban a discriminación do persoal temporal no acordo de segunda actividade.
- En ningunha das xuntanzas, nin en datas posteriores, dende esa Dirección Xeral fixéronse públicos ditos informes.
