CSIF reclama os informes xurídicos que Función Pública di dispor para discriminar o persoal temporal do SPDCIF

CSIF vén de reclamarlle por escrito á Dirección Xeral da Función Pública que remita a esta Central Sindical os informes que di posuír e que avalan, contra o principio de non discriminación do persoal temporal nas administración públicas, a exclusión do persoal temporal do SPDCIF do acordo de Segunda Actividade dos Bombeiros Forestais da Xunta de Galicia.

De outro modo, dende a CSIF ESIXIMOS a modificación do acordo asinado pola Xunta de Galicia e CCOO e UXT sobre a segunda actividade e que se recoñeza o dereito á SEGUNDA ACTIVIDADE a TODO o persoal do SPDCIF ligado a extinción directa de incendios forestais, incluído o persoal laboral temporal.

Temos que lembrar que:

  1. Recentemente, a Dirección Xeral da Función Pública asinou un acordo cos sindicatos CCOO e UGT sobre a segunda actividade en determinadas categorías de Bombeiros Forestais do SPDCIF.
  2. Dito acordo exclúe o persoal temporal, contravindo as numerosas sentenzas, parte delas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), que determinan a aplicación do principio de igualdade de trato ao persoal temporal ao servizo das administracións públicas.
  3. Nas diferentes xuntanzas, Función Pública afirmou que dispuña de informes xurídicos que avalaban a discriminación do persoal temporal no acordo de segunda actividade.
  4. En ningunha das xuntanzas, nin en datas posteriores, dende esa Dirección Xeral fixéronse públicos ditos informes.