O ACORDO DA SEGUNDA ACTIVIDADE DISCRIMINA OS INTERINOS.
CSIF SOLICITA NOVAMENTE A INCLUSIÓN DO PERSOAL TEMPORAL NO ACORDO DA SEGUNDA ACTIVIDADE.
Seguen sen facer públicos os informes xurídicos que supostamente xustifican a discriminación do persoal temporal.
Na CSIF vimos de solicitar de novo á Dirección Xeral da Función Pública que se fagan públicos os informes que supostamente avalan, contra o principio de non discriminación do persoal temporal nas administración públicas, a exclusión do persoal temporal do SPDCIF do acordo de Segunda Actividade dos Bombeiros Forestais da Xunta de Galicia.
No caso de non dispor de ditos informes, tal e como sempre sospeitamos na CSIF, esiximos a modificación do acordo e que se recoñeza o dereito á segunda actividade a TODO o persoal do SPDCIF ligado á extinción directa de incendios forestais, INCLUÍNDO O PERSOAL LABORAL TEMPORAL.
Neste senso, recordamos que o Acordo de Bombeiros Forestais e Segunda Actividade, asinado pola CSIF no ano 2016, recolle a TODOS os empregados que cumpran cos requisitos xerais, independentemente do seu vinculo temporal ou fixo.
Asemade o Convenio Colectivo da Xunta de Galicia establece o dereito á segunda actividade para TODO o persoal dedicado a extinción, e non só para o persoal laboral fixo.
Só no acordo que regula o pase á segunda actividade, asinado en solitario por CCOO e UGT, se exclúe da súa aplicación ao persoal interino.
Para rematar, dende a CSIF seguiremos a esixir a modificación do acordo que regula o pase á segunda actividade e a inclusión