- Antepoñen a ocupación de prazas vacantes de fóra do SPDCIF ás labores de prevención e loxística dentro do SPDCIF.
O que en principio ía supor un incremento de persoal e a especialización en tarefas de prevención e loxística dos traballadores que se acollesen a segunda actividade, pódese converter nunha marcha de persoal altamente experimentado do SPDCIF cara outros servizos.
Comparando o articulado dos acordos nos que se fala de en que consistirá a segunda actividade, apreciase a simple vista a desviación da súas funcións principais de prevención e loxística:
A SEGUNDA ACTIVIDADE NO ACORDO DE BOMBEIROS FORESTAIS (ASINADO POLA CSIF)
A segunda actividade consistirá na realización de tarefas preventivas e/ou de apoio loxístico ao SPDCIF sen que iso comporte unha vinculación directa ás labores de extinción de incendios.
ACORDO DE APLICACIÓN DA SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF (REXEITADO POLA CSIF)
A segunda actividade consistirá na adscrición a un posto vacante dos que a Consellería de Medio Rural destine para tal fin. No caso de non ofertarse ningún posto no ámbito de adscrición do solicitante, de non se lle adxudicar por non haber suficientes postos para todos os solicitantes, consistirá na realización de tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao SPDCIF.
CSIF rexeita usar para a segunda actividade prazas vacantes de RPT, sexan ou non do SPDCIF:
- Si son do SPDCIF (emisoristas, vixiantes, operadores):
- As prazas se adxudicarán con carácter definitivo, polo que se impediría a inclusión de ditas prazas en concursos de traslados e procesos selectivos.
- Ademais, no será posible a convocatoria das prazas desas categorías en adscrición temporal ou en traballos de superior categoría, prexudicando os intereses do persoal laboral fixo.
- Bloquearía de forma indefinida a contratación de persoal interino nesas prazas, prexudicando gravemente os dereitos dos aspirantes inscritos nas listas.
- Si son de OUTROS SERVIZOS, ademais de por todo o anterior, porque as súas funcións non serían as reflectidas no acordo orixinal pactado pola CSIF, implicando a marcha de persoal con gran coñecemento e experiencia.
*As prazas vacantes que se adxudiquen na segunda actividade, que terán carácter definitivo tal e como figura no acordo de aplicación da segunda actividade, crea problemas ao persoal laboral fixo (prazas bloqueadas nos concursos de traslados, adscricións e funcións de superior categoría), e tamén crea problemas nas contratacións de persoal laboral temporal (prazas bloqueadas nas listas).