Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

A Xunta pretende desvalorizar o emprego público mediante os procesos de funcionarización

Á vista da emenda presentada polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia á Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que actualmente está en tramitación, queda claro de que a Xunta de Galicia pretende desvalorizar as condiciones de traballo e retributivas do persoal laboral.

O Boletín Oficial de Parlamento de Galicia do 4 de decembro recolle a seguinte emenda:

O persoal laboral fixo, que a consecuencia do proceso de funcionarización adquira a condición de funcionario de carreira,e polo tanto se manteña no mesmo posto de traballo obxecto de funcionarización, garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo se estas fosen superiores ás que lle correspondan como funcionario mentres permaneza nese destino. A diferenza de retribucións entre funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización.

Este complemento non é nin compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que con carácter xeral establezan as leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Esta emenda, de ser aprobada, tería as seguintes consecuencias:

Dende a CSIF esiximos a convocatoria dos procesos selectivos, do concurso de traslados, dos procesos de estabilización, …, coma PERSOAL LABORAL antes de calquera proceso de funcionarización. Posteriormente poderán abordarse os procesos de funcionarización previa negociación dun decreto que regule o proceso.

CSIF defende que as diferenzas retributivas deberán ser compensadas mediante complementos específicos diferenciados que reflictan a singularidade das funcións propias de cada unha das especialidades. Mesmo traballo, mesmo salario para todos.

Salir de la versión móvil