Alegacións da CSIF ás equivalencias de persoal no proceso de funcionarización

A Central Sindical Independiente y de Funcionarios presentou onte as súas alegacións ao borrador da Xunta nas equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral e as escalas do persoal funcionario do decreto de funcionarización – Decreto 165/2019 –.

A CSIF mantén que se debe respectar a voluntariedade do proceso polo que reclama a eliminación da inaceptable chantaxe que supón impedir o acceso á carreira profesional do persoal laboral polo feito de non querer funcionarizarse. Pódese acceder ao documento completo das alegacións clicando aquí.

Respecto das equivalencias, CSIF considera como premisa fundamental que, salvo xustificación en contrario, deben establecerse nos seguintes termos:

Grupo I                     A1

Grupo II                    A2

Grupo III                   B

Grupo IV                   C1

Grupo V                    C2

A CSIF quere, ante todo, manifestar unha vez máis a oposición da central ao modelo de funcionarización pactado entre a Xunta  de Galicia e os sindicatos CCOO e UGT. O principio básico que defendemos é que é preciso consolidar primeiro e logo funcionarizar. CSIF nunca vai ser cómplice dunha convocatoria de procesos selectivos, funcionarizacións ou interinizacións que lesionan gravemente os dereitos do persoal laboral da Xunta.  Ou que forzan ao persoal temporal á renuncia da súa condición de laboral para reducir os seus dereitos (interinización), ameazar ao persoal fixo con facerller devolver os cartos da carreira profesional (funcionarización) ou a impedir que algúns traballadores e traballadoras poidan presentarse ao proceso selectivo no que se oferta o seu posto de traballo, ao carecer da nova titulación esixida no proceso de funcionarización.

CSIF non concorda coas condicións e efectos da funcionarización que se impoñen no Acordo de concertación, que implica unha devaluación inaceptable do emprego público ao posibilitar unha menor retribución dos postos de traballo de funcionarios respecto da retribución dos actuais postos laborais. Ademais, impide a promoción interna do persoal laboral da Xunta, que na súa condición de laboral podería promocionar a calquera grupo ou categoría se cumple cos requisitos de acceso. O acordo leva consigo a non convocatoria do concurso de traslados do persoal laboral, impedindo tamén o concurso horizontal.

CSIF considera un disparate disparate abordar os procesos de funcionarización sen ter reducido previamente de forma significativa as insoportables taxas de temporalidade existentes nas diferentes categorías de personal laboral da Xunta de Galicia. Un argumento que repetimos insistente dende finais de 2016.