CSIF, de forma reiterada, instou á Administración a sentarse a negociar un novo acordo de conformidade coa actual regulación establecida pola Seguridade Social. A Dirección Xeral de Función Pública nunca deu resposta a esta solicitude.
Ante a inacción e desidia por parte de Función Pública, dende CSIF vémonos na obriga de remitir unha breve información coa que pretendemos dar resposta a algunha das dúbidas que está xerando esta nova situación.