XUNTANZA COMITÉ INTERCENTROS – FUNCIÓN PÚBLICA (16/01/2018)
CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública.
O martes, 16 de xaneiro do 2018, mantivemos, no ámbito do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia, unha xuntanza coa Dirección Xeral da Función Pública có seguinte orde do día:
- Concurso de traslados do persoal laboral.
- Plan de estabilidade.
- Xubilacións parciais.
- Adscricións temporais.
- Adxudicación de postos en situacións de incapacidade total.
1.-Concurso de traslados do persoal laboral
O Director Xeral da Función Pública expón que están a rematar coa agrupación, das distintas categorías dos grupos IV e V do persoal laboral, en ramas funcionais. Asemade anuncia que no mes de febreiro remitirá para a súa negociación as bases da convocatoria do concurso de traslados dos grupos IV e V.
Dende a CSIF lembrámoslle que leva anos mentindo descaradamente ao persoal laboral coa negociación das bases do concurso de traslados. O derradeiro engano tivo lugar en outubro do pasado ano, nunha xuntanza na que o Sr. Barreiro anunciou que as bases do concurso se remitirían entre novembro e decembro do 2017. Xa veremos esta vez …
CSIF tamén esixiu a convocatoria do concurso de traslados dos grupos I, II e III, sen obter resposta positiva. Polo de agora nada de nada…
2.-Plan de estabilidade
O director expón que se está a traballar na OPE 2018, e que nela se recollerán prazas que cumpran os criterios establecidos no acordo de estabilización asinado pola CSIF co goberno central o pasado ano, é dicir,
- Prazas cubertas por persoal declarado indefinido non fixo.
- Prazas cubertas por persoal temporal anterior ao 1 de xaneiro de 2005.
- Prazas ocupadas de forma temporal alo menos entre ó 31/12/2013 e o 31/12/2016 (3 anos).
Neste senso, lembramos que as negociacións estanse a levar a cabo no ámbito da comisión de seguimento do acordo de estabilización de emprego asinado pola CSIF co goberno da Xunta de Galicia para o desenrolo do acordo de Madrid. Nesa comisión, a CSIF propuxo que os datos para a negociación das prazas a convocar se remitiran en forma de “buzón de postos”, co obxectivo de facilitar a identificación das prazas que cumpran cós requisitos do acordo de estabilización. Dita proposta é aceptada por Función Pública.
Asemade, e contra a opinión da CSIF, o director volve a anunciar que os procesos se farán para persoal funcionario naquelas categorías de persoal laboral nas que se teña previsto a súa funcionarización. Ditos procesos faranse por concurso-oposición e computará o tempo traballado como persoal laboral. A valoración da fase de concurso achegarase ao tope legal establecido (40% do total do proceso).
3.-Xubilación parcial
Tras a problemática xurdida coa xubilación especial (aos 64 anos) dos traballadores acollidos previamente a xubilación parcial, acláranse as seguintes cuestións:
-Únicamente se poden acoller a xubilación especial aos 64 anos aqueles traballadores que previamente teñan concedida a xubilación parcial.
-Dado que a seguridade social obriga a facer un contrato a tempo completo para autorizar a xubilación aos 64, pódense producir tres situacións:
- Que o relevista do xubilado parcial (que agora quere acceder á especial) acepte a ampliación do tempo de traballo ao 100%. Se autoriza sen problema a xubilación.
- Que o relevista non acepte. Neste caso se hai vacante na consellería tampouco hai problema. Se cubre unha vacante con un contrato a tempo completo e se autoriza a xubilación.
- Que o relevista non acepte e non haxa vacante na propia Consellería. Neste caso non se autoriza a xubilación especial.
Para este último caso, a CSIF propuxo buscar vacante en outra Consellería, pero a xustificación da Función Pública para rexeitar a nosa proposta é que se esixe que o contrato se faga baixo a mesma conta de cotización, e que cada consellería ten unha conta diferente.
Asemade dende a CSIF propuxemos o inicio de negociación para acadar un novo acordo de xubilación parcial a partir do ano 2019 (o actual remata o 31 de decembro). Neste senso, e coñecedores da nova normativa da seguridade social, máis restritiva coas condición da xubilación parcial (só se pode chegar ao 50% fronte o 75% actual) propuxemos pactar neste novo acordo a posibilidade de acumular en anos completos o tempo de traballo, acadando na práctica unha sorte de xubilación anticipada.
O director resposta que estudarán a nosa proposta.
4.-Adscricións temporais
A CSIF ratificou a proposta acordada fai meses no seo do Comité Intercentros para tentar chegar a un acordo coa Consellería de Facenda que permita a solicitude de adscricións temporais en categorías distintas, sempre dentro do mesmo grupo.
O Director quere restrinxir o acordo ao grupo V, sen dar un só argumento válido para discriminar ao resto dos grupos.
Tamén rexeitamos o criterio do menor salario para denegar traballos de superior categoría nos casos en que a solicitude se faga dende o mesmo grupo o superior. Non e o diñeiro o que move moitas veces a un traballador a pedir unha praza en réxime de superior categoría (distancia ao domicilio, tempo de traballo, horarios…)
5.-Adxudicación de postos en situación de incapacidade permanente total
A CSIF foi a única organización sindical que rexeitou a adxudicación de postos do SPDCIF a traballadores coa declaración de incapacidade permanente total. Lembramos que xa levamos varios casos de ceses de traballadores temporais do SPDCIF (que ocupaban prazas de 3 ou 9 meses) pola adxudicación, decidida na Comisión Paritaria, dos seus postos a traballadores de fóra do SPDCIF actualmente en situación de incapacidade permanente total. CSIF está totalmente de acordo coa súa reincorporación á Xunta, pero non en un servizo de emerxencias.
6.-Rogos e preguntas
- Publicación no DOG da convocatoria do proceso selectivo de Camareiro/a Limpador/a: Se prevé no mes de febreiro.
- Asuntos propios no ano 2018 do persoal a quendas: Se negan a deixar de discriminar a dito persoal
- Permutas entre persoal temporal: Estudarán a recentes sentencias. Non parece que as vaian a autorizar.
- Negociación dun novo decreto de listas.
O director négase a negociar. E o máis incrible é que di que Función Pública nunca propuxo a negociación dun novo decreto de listas. Pero a mentira ten as patas moi curtas, e os representantes da CSIF lembrámoslle que no ano 2011 solicitou ás organización sindicais alegación ao decreto 37/2006 para a negociación dun novo decreto.
Pero iso non é todo; A propia Lei de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia do ano 2010, aprobada por esta administración, recolle a obriga da negociación dun novo decreto para adaptalo a lei nun prazo de 6 meses dende a súa publicación. E xa van máis de 7 anos…