Informe da CSIF sobre a xubilación parcial do persoal laboral

O 31 de decembro de 2018 remata o acordo asinado entre as OO.SS e a Xunta de Galicia relativo á xubilación parcial do persoal laboral da Xunta de Galicia.

CSIF, de forma reiterada, instou á Administración a sentarse a negociar un novo acordo de conformidade coa actual regulación establecida pola Seguridade Social. A Dirección Xeral de Función Pública nunca deu resposta a esta solicitude.

Ante a inacción e desidia por parte de Función Pública, dende CSIF vémonos na obriga de remitir unha breve información coa que pretendemos dar resposta a algunha das dúbidas que está xerando esta nova situación.

Documento