Aprobada a proposta de CSI-F para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do persoal laboral

DEFENDENDO O PÚBLICOComo resultado da proposta feita pola CSIF no seo da comisión de seguimento do acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda, na que denunciamos o grave prexuízo que se causa a todas aquelas persoas que están a expectativa nas listas de contratación cando se acude o Servizo Público de Emprego para a selección dun novo remudista cando por calquera causa se extingue o contrato de remuda anterior, no día de hoxe alcanzamos e firmamos o seguinte acordo:

Primeiro.-Unha nova redacción do segundo parágrafo da instrución cuarta das instrucións para a aplicación do acordo para o acceso á xubilación parcial e do contrato de remuda do persoal laboral do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia que queda do seguinte xeito:

 “2.-No suposto de que unha vez formalizado o contrato co remudista, este se extinga por calquera causa, no prazo de 10 días deberá comunicarse á correspondente delegación territorial do Instituto Nacional da Seguridade Social, o novo contrato de remuda realizado co substituto daquel, para dar cumprimento ao dito prazo, o remudista será seleccionado correlativamente do seguinte xeito:

 1º.- Listas derivadas do Decreto 37/2006.

 2º.-Lista confeccionada a propósito para a selección do remudista, sempre que non existan listas posteriores derivadas do Decreto 37/2006.

 3º.-En caso de non existir listas do Decreto 37/2006 seleccionarase directamente polo Servizo Galego de Colocación”.

 Segundo.-O presente acordo entrará en vigor o mesmo dia da súa sinatura e darase conta do mesmo na próxima Comisión de Persoal .

Autorizase ao persoal que determine a Dirección Xeral da FunciónPública para o seu rexistro e publicación.