Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Nota informativa da Comisión de Persoal do día 12 de febreiro do 2019

NOTA INFORMATIVA

O día 12 de febreiro do 2019 celebrouse Comisión de Persoal cos seguintes puntos de interese:

I.- MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.

Dada a súa grande importancia, informaremos deste punto nunha nota monográfica.

→ O voto da CSIF foi “EN CONTRA

II.- PRESENTOUSE Á NEGOCIACIÓN A ORDE DE CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS NA ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICOS.

 Non se recolleron ningunha das alegacións efectuadas por CSIF, entre as que podemos destacar:

→ Polo tanto, o voto da CSIF foi “EN CONTRA

 III.- CONCURSO DE TRASLADOS

O texto presentado xa non era un mal texto, e o buzón de prazas axeitado polo que, pese a non poder conseguir que se estimasen tódalas as alegacións, e dado que  a celebración do  Concurso era unha vella demanda desta central, o voto da CSIF foi → “A FAVOR

IV.- MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT DE POLÍTICA SOCIAL CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E EMPREGO.

A mesma foi debida uns erros materiais producidos na aprobación inicial da RPT  da mesma.

→ Voto da CSIF: ABSTENCIÓN

Salir de la versión móvil