
Ante as dimensións que está tomando o contaxio do Covid-19, que está xa a afectar á Comunidade Autónoma de Galicia, e seguindo as recomendacións difundidas tanto pola Organización Mundial da Saúde, polo Ministerio de Sanidade así como polo Ministerio de Traballo e Economía Social, dende a CSIF entendemos que a Administración da Xunta de Galicia debe de adoptar todas as medidas precisas preventivas ao seu alcance en relación cos seus empregados públicos.
Por tal motivo, dende a CSIF entendemos necesario, e así o solicitamos, que por parte da Administración da Xunta de Galicia se adopten con carácter de urxencia as seguintes medidas mínimas de carácter preventivo:
1.- Instalación en todos os centros de traballo do sector público autonómico dependentes da Xunta de Galicia de dispensadores de “Xel hidroalcohólico”.
2.- Ampliación ao máximo dos criterios de concesión do Teletraballo. De forma que, todo o persoal cuxa presencia no seu posto de traballo non sexa estritamente necesaria, poida realizar o seu traballo baixo esta modalidade. E elo como unha medida de carácter excepcional, e sempre voluntaria.
