Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Centros de maiores e asistenciais. Videoconferencia da CSIF coa Secretaria xeral técnica de Política Social

No día de hoxe, 02 de abril, a CSIF mantivo unha videoconferencia coa Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social para abordar a problemática nas residencias de maiores e outras asistenciais, así como para trasladarlle as nosas propostas. Este e o resume do tratado na dita sesión.

Propostas da csif en canto ás medidas para a actuación nas residencias de maiores e outras residencias asistenciais no ámbito de política social:

  1. A consideren dos usuarios deste tipo de residencias, dada a súa elevada vulnerabilidade, como colectivo prioritario de atención perante a crise sanitaria orixinada polo Covid-19. Tal cualificación comporta obrigatoriamente a adopción das seguintes medidas cos traballadores:

 Resposta da SXT: Informa que nesta mesma semana ponse en funcionamento un novo sistema de distribución loxística, que se encargará de repartir material de forma ordinaria os martes e os venres para todas as residencias e de forma urxente calquera día da semana, sempre e cando a dirección do centro o requira por causa xustificada. En canto aos tests, informa que se comezou a pasar a residentes e persoal das residencias, pero non pode especificar a distribución nin o tempo que levará esta actuación. A este respecto, solicítaselle que se de traslado aos representantes do persoal da información puntual, concreta e detallada do reparto de material, das súas características e tipoloxía, así como das probas realizadas e por realizar. A esta consideración, replica que se insistirá ás xefaturas territoriais para que dean traslado mais polo miúdo destas actuacións aos representantes dos traballadores.

 Resposta da SXT:

Respecto da contratación de persoal de apoio e sanitario, informa que están en contacto permanente coa consellería de sanidade, pero que esgotaron as bolsas de contratación e que, previsiblemente, vaian a recorrer á contratación de estudantes de últimos cursos.

En canto aos sanitarios do EVO, afirma que a través de varias xefaturas territoriais, pretenderon impulsar a incorporación voluntaria deste persoal a diversas residencias, pero  que o persoal rexeitou o cambio da súa actividade.

No que se refire a posibilidade de incorporar persoal sanitario do SPR alleo da Xunta ás propias residencias, informa que estudará esta posibilidade tendo en conta a opinión deste servizo e a relación contractual establecida.

Resposta da SXT: Indican que xa teñen establecido unha clasificación previa de traballadores en función da idade (maiores ou menores de 60 anos), para a asignación de actividades en función do risco establecido . Recomendación que figura no documento de avaliación de centros.

  1. Que se estableza unha canle de comunicación telemática urxente e permanente cos representantes dos traballadores (foro, chat ou sistema análogo) dada a imperiosa necesidade de contar coa participación e colaboración dos traballadores na actuación fronte a esta crise sanitaria. En canto a súa implantación práctica, entendemos que deberían participar, cando menos, un representante da secretaria xeral técnica ou dirección competente para as tarefas de coordinación, un responsable en cada xefatura territorial, un representante por cada OO.SS e os directores dos propios centros asistenciais.  A referida petición, arguméntase nos seguintes aspectos;

 Resposta da SXT: Ve factible a posibilidade de implantar un sistema deste tipo, pero vaino estudar e barallar dentro do seu departamento. A este respecto, vólvese a insistir na vital importancia de dispoñer dun sistema de información e participación áxil cos representantes dos traballadores.

Tamén aclara, logo dunha nova petición, que respecto das dúbidas que están xurdindo en algunhas residencias con respecto a determinados protocolos, tales como os criterios para o traslado de usuarios infectados ás residencias integrais, que volverán a remitir instrucións complementarias ou aclaratorias ao respecto.

  1. Proponse como medida psicosocial efectiva para xerar unha motivación, unha activación e unha implicación do persoal da política social, o recoñecemento real da labor destes profesionais a través dun compromiso regulado e público que garanta a restitución dos dereitos suspendidos no V Convenio tras a superación da actual crise sanitaria.

 Resposta da SXT: Respecto desta proposta, afirma que a trasladará a Consellería, toda vez que depende dunha decisión do propio Consello de Goberno.

  1. Propostas relativas á organización e xestión de diversas instalacións e espazos. Con respecto a este ámbito trasládanselle 3 liñas de actuación;

Resposta da SXT: Non teñen previsto tutelar de momento estas residencias, aínda que confirma que teñen equipos sanitarios (médico/enfermeiro) que están facendo labores de control e vixilancia nestes centros, consistentes nunha especie de visitas inspectoras na que comproban as instalacións, os recursos e as medidas que se adoptan.

Resposta da SXT: No relativo a esta cuestión, afirma que en función das probas que corroboren a non infección dos usuarios, os usuarios están sendo desprazados a residencias de tempo libre da propia Xunta así como en hoteis.

Resposta da SXT: Non teñen un dispositivo concreto para este aspecto, pero afirma que en función das necesidades, poderase habilitar ou facilitar lugares de descanso en hoteis aos traballadores que o poidan precisar. Así, comenta que xa están aloxadas en hoteis diversas traballadoras que prestan os seus servizos nas residencias integrais.

Salir de la versión móvil