Política Social. Sen previsión de apertura das Escolas Infantiles. As Residencias de Maiores abrirán ás visitas o 25 de maio.

Sen data prevista de apertura para ningún centro de Política Social que estea pechado na actualidad, incluídas as residencia de tempo libre. Incerteza no caso dos albergues e campamentos.

Información da videoconferencia mantida por CSIF coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social o pasado 20 de maio de 2020:

1.Apertura de las Residencias de la Consellería de Política Social.

Tras a comunicación do presidente da Xunta de Galicia da apertura a visitas nos nosos centros durante a fase II do desescalamento, CSIF pregunta á Secretaria Xeral se se vai a realizar tal como recolle O BOE no artigo 20 …nos centros residenciais de persoas maiores, estas visitas  realizaranse preferentemente nos  supostos excepcionais, tales como o fin da vida ou o alivio de descompensación neurocognitiva do residente

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Vanse abrir a visitas, en concreto unha por residente, a partir do luns 25 de maio, con cita previa e durante un período de tempo  que será establecido por cada centro, preferiblemente nun lugar pouco transitado ou espazo exterior sen acceso as dependencias do edificio.

As visitas realizaranse con tódalas garantías de hixiene e sanitarias (mascarillas, xeles de hidroalcohol…) procederase a limpeza e desinfección do espazo antes e despois de cada visita.

Será sempre a mesma persoa, polo de agora, a que realice a visita e en ningún caso mais de unha, non se permitirá a saída dos residentes asistidos ao exterior durante as visitas, de momento só se contempla para residentes “válidos” con todas as garantías sanitarias.

Procederase á apertura sempre de menos a mais para comprobar a viabilidade e evolución da situación sanitaria dos centros.

CSIF pregunta quen vai a ser o responsable de xestionar as visitas e quen se vai encargar de subir e baixar os residentes tendo en conta que o persoal está a mínimos, e os  festivos e fines de semana na meirande parte dos centros non hai coordinación de enfermería.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Serán os directores dos centros os que se  encargarán de organizar este tema, seguindo o protocolo.

No caso das visitas no fin de semana entenden que vai ser o momento, posiblemente, de mais interese por parte das familias.

CSIF solicita que de forma temporal non se realicen visitas en fines de semana e festivos ante a falta de persoal de coordinación (na meirande parte dos centros) que controle e verifique o cumprimento das medias hixiénicas establecidas.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Vaise  tratar este tema coas Xefaturas Territoriais.

2. Apertura de Escolas Infantís, Centros Socio comunitarios…

CSIF pregunta si hai prevista data de apertura

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

De momento non hai data prevista para abrir ningún outro centro de política social que estea pechado actualmente, é dicir, o que está  pechado vai permanecer pechado, incluídas as residencia de tempo libre.

Teñen o protocolo feito, cando sanidade lles de o visto bo e se teña unha data probable de apertura remitirán os protocolos á parte social para facer alegacións.

CSIF pregunta si se van abrir os albergues e os campamentos de verán.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

No caso dos albergues e campamentos non está decidido si se abren ou non, estase traballando de cara a súa apertura pero sen previsión nin seguridade de que se vaian a abrir.

CSIF pregunta que vai a pasar cos centros de atención integrada

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Están a punto de pechar, están organizando para  recolocar  os residentes que quedan.

3. Medidas organizativas adoptadas nos centros de Política Social durante o estado de alarma sanitaria.

CSIF pregunta si se vai a seguir coa sectorización e reorganización establecida durante o estado  de alarma sanitaria.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Vaise a manter esta organización do traballo polo que resta do ano, haberá que ir valorando pouco a pouco a evolución dos centros.

CSIF pregunta que vai pasar co persoal desprazado (educación, escolas infantís, dependencia…) aos centros de política social en previsión da apertura dos centros de orixe.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

O persoal que está traballando nos nosos centros e se teña que incorporar no seu posto de traballo será substituído, non diminuirán os efectivos.

CSIF solicita que o persoal de educación e das escolas infantís, persoal que colle vacacións no mes de agosto, se lles respecte dito período ante unha posible apertura dos seus centros no mes de setembro.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

É unha petición razoable e darase traslado para que se lles facilite o desfrute das  vacacións en dito período.

4. EPIs

CSIF comunica unha queixa sobre o subministro de luvas de moi mala calidade (vinilo), con poucas garantías de efecto barreira, que obriga ao persoal de atención directa a empregar tres pares de luvas.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Van a dar traslado da petición, saben que hai problemas de escaseza de luvas, pero descoñecen cales se están a distribuír.

CSIF tamén solicita material para os centros (guindastres, soportes papel, cubos do lixo con pedal…).

5. Vacacións

CSIF pregunta como van solicitar as vacacións o persoal dos centros nos que se lles fixo cambios de quenda e se lles segue facendo, nalgún centro ata dúas e tres carteleiras dende o mes de marzo, …en base a que carteleira piden as vacacións.

Resposta da Secretaria Xeral Técnica

Van  falalo cos centros e cas Xefaturas Territoriais.

CSIF pregunta polo borrador de instrucións de vacacións 2020 para os centros de Política Social entendendo que dito borrador non beneficia senón que castiga ao persoal dos nosos centros.

Resposta do Subdirector Xeral de Persoal

Esta proposta enviouse a algúns centros de A Coruña, Lugo e Pontevedra, está revisado, consensuado e visto por tódolos que o teñen que ver.

¡¡CSIF manifesta a súa desconformidade co dito borrador¡¡