Política Social: Comité de Seguridade Saúde Laboral

Plans de continxencia, dotación de EPI’s, ausencia de criterios de Ibermutua, novo Comite de SSL coa integración do persoal do Consorcio e outros temas tratados.

No pleno extraordinario do Comité de Seguridade e Saúde Laboral celebrado por vídeoconferecia o día 28 de maio tratáronse os seguintes puntos:

1.Solicítase a constitución do novo CSSL ca integración do persoal do Consorcio.

Responden que xa estaba prevista a constitución do novo comité para o día 26 de marzo, queda pendente a nova data de constitución ata que prevención resolva os trámites burocráticos.

2. Dotación de mascarillas cirúrxicas, auga e taquillas

CSIF, tal como ven facendo ao longo destes meses en tódalas vídeoconferencias coa Secretaría Xeral Técnica de Política social, solicitou dúas mascarillas por quenda para o persoal das residencias e dos CAPDs, as traballadoras teñen que soportar altas temperaturas no verán, xa que os centros non dispoñen de aire acondicionado, isto sumado á carga e tipo de traballo que desenvolven fai inviable poder traballar con só unha mascarilla cirúrxica en cada quenda.

Nos reiteramos na petición e solicitamos que se lles entreguen dúas mascarillas por quenda, tamén  solicitamos que os centros subministren ao persoal botellas de auga.

Solicitamos a dotación de  taquillas suficientes nos vestiarios para poder dispoñer dunha adecuada hixiene no traballo de xeito que non se teñan que compartir.

Responden que se vai dar traslado da petición á Secretaria Xeral Técnica

3. Falta de criterio de Ibermutua no risco de embarazo.

Hai unha falta total de criterio na tramitación das prestacións por risco durante o embarazo e a lactación segundo a semana de xestación, dentro da mesma categoría profesional e o mesmo centro, en xeral están retrasando a dita prestación.

Responden que traslademos as incidencias que xurdan sobre este tema ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais para comprobar a evolución de cada caso, xa que se publicou unha nova guía mais ríxida sobre o procedemento e, en xeral, se están dando mais tarde que antes.

4. Avaliacións e protocolos dos centros da Consellería de Política Social (abertos e pechados).

CSIF solicitou a realización das avaliacións de exposición a riscos biolóxicos en relación aso coronavirus SARS-CoV-2 para as escolas infantís da Consellería de Política social, así como os protocolos de actuación durante as visitas nas residencias de maiores e nos CAPDs.

Responden que se está elaborando as avaliacións das escolas infantís, así como para aquelas unidades que, polas súas características, teñan que facer saídas ou desprazamentos domiciliarios e, polo tanto, que teñan que ter unha avaliación específica (EVOs, menores, valoración da dependencia…).

Cando haxa data de apertura se nos remitirán os protocolos e avaliacións de risco para facer as alegacións pertinentes.

5. Plan de continxencia dos centros de maiores e menores con respecto ás visitas

Solicítase un protocolo de actuación sobre este tema para coñecemento dos traballadores dos centros. Manifestamos que o réxime de visitas ten que contar con tódalas garantías nas medidas hixiénico-sanitarias e non pode haber relaxación.

Responden que dende a Dirección Xeral de Maiores se enviaron aos centros unhas pautas coas recomendacións das visitas baseadas nos protocolos do Estado para a fase II. Despois, cada centro ten que elaborar o seu plan de continxencias segundo eses criterios, que deben remitir á correspondente Xefatura Territorial. Ditos plans teñen que ser validado pola Xerencia da Consellería de Sanidade correspondente.

O plan de continxencia ten que ser coñecido por todo o persoal de cada centro polo tanto debe estar exposto.

Hai contradicións entre o plan de continxencias e o plan de reactivación con respecto ás saídas dos residentes. Os residentes autónomos poden saír ata 1 km. do centro pero as visitas non poden saír do recinto do centro.

Solicitamos aclaración respecto deste tema.

6. Informe de adopción de medidas nos Centros de Atención ao Publico

Hai un protocolo, que vai a ser un documento de carácter xeral, aplicable a tódalas Consellerías (remitido aos delegados de prevención de política social o dia 1 de xuño).

7. Dotación de EPIs e trazabilidade.

CSIF solicitou o día 6 de marzo a realización dun CSSL extraordinario para coñecer, entre outros temas, a dotación de EPIs que tiñan os centros de Política Social. Igualmente solicitouse a través da Xefatura Territorial. A día de hoxe seguimos sen coñecer dita información.

CSIF xa trasladou nas anteriores videoconferencias coa Secretaria Xeral Técnica de Política Social que a través da plataforma loxística CLONEGAL non se distribúen. Manifestamos que a petición de material que fan os directores dos centros é de subministro semanal e non inclúe EPIs.

CSIF solicita que os centros teñan un stock de EPIs, xa que é un dos marcadores epidemiolóxicos e de capacidade asistencial establecidos polo Ministerio de Sanidade, tanto para os centros sanitarios como para os sociosanitarios. Entendemos que o subministro non pode estar condicionado ás doazóns.

Responden que no caso de necesidade de EPIs nos centros (por casos novos  de contaxios) será sanidade quen os  proporcione. O Servizo de Prevención de Riscos pasoulle unha enquisa aos centros para comprobar que teñen unha pequena dotación.

A Secretaría Xeral Técnica afirmou que ián a falar coa Consellería de Sanidade para que, no caso de necesidade, a dotación sexa inmediata.

8. Riscos psicosociais derivados das novas quendas

Poñemos de manifestos que a implantación de medidas organizativas, levadas a cabo nas residencias e nos CAPDs durante o estado de alarma sanitaria, de ningún xeito poden implicar medidas que limiten o dereito á conciliación familiar, nin tampouco poden supoñer actitudes discriminatorias entre os traballadores do mesmo colectivo e dentro do mesmo centro, tales como cambios de quenda imposta  polas direccións dos centros para traballar mais fines de semana (tendo en conta que os residentes son os mesmos), reténs de duración nada equitativa entre o persoal…

Responden que hai que ir corrixindo os problemas que xurdan en cada caso concreto e tentar dar unha solución.

9. Información dos contaxios (residentes e traballadoras)

Con respecto a este tema nos informan que se traslada ás centrais sindicais de forma semanal, un cadro informativo dos traballadores infectados disgregado por centros e categorías profesionais, que non dispoñen de datos sobre os usurarios infectados.

CSIF traslada que o CRAPD de Vigo si enviou esta información aos delegados.

Responden que tratarán de pasarnos eses datos.

10. Formación é información

CSIF solicita a formación e a información como unha ferramenta fundamental na loita contra o Coronavirus. os centros de Política Social teñen persoal sanitario e non sanitario e un dos indicadores clave é o número de contaxios entre o colectivo non sanitario.

Responden que empezarán coa formación presencial do persoal de educación destinado provisionalmente nos nosos centros. Comezarán en Pontevedra e faranno extensivo ao resto das xefaturas.

Indican que os carteis informativos que acompañan ás avaliacións de riscos biolóxicos dos centros deberían estar expostas en sitios visibles para o persoal. Darán traslado ás xefaturas para que o fagan extensible a tódolos centros.