Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas de Función Pública. Procesos selectivos, eleccións de destino, carreira profesional e concurso de traslados.

Información sobre procesos selectivos, eleccións de destino, carreira profesional e concurso de traslados, facilitada polo director Xeral de Función Pública na Comisión de Persoal do día 4 de xullo de 2023

Nos próximos días sairán publicados os baremos provisionais dos procesos de A1 enxeñaría agronómica libre e estabilización e o baremo definitivo de A2 finanzas.

Publicaranse tamén as listaxes provisionais dos procesos de concurso e concurso-oposición do subgrupo C1 correspondentes á Lei 20/2021. Están incluídos 2052 e 4727 aspirantes respectivamente. Para os grupos C2 e agrupación profesional esperan publicar antes do final de xullo.

No DOG do 7 de xullo sairán as sete convocatorias correspondentes ás bases que se votaron nesta comisión.

O mesmo día publicarán a superación do curso selectivo e o nomeamento dos C2 auxiliares administrativos que entraron con posterioridade ao resto.

Con respecto aos procesos selectivos do SPIF anuncian que na semana que vén ou na seguinte sairá no DOG o baremo definitivo de emisorista, condutor de motobomba e bombeiro forestal.

O día 11 sairá a elección de destino de A2 educadores e o baremo provisional de enxeñería técnica agrícola, libre e estabilización

Sobre a carreira profesional, confirman que aínda se están a resolver solicitudes.

Nos próximos días prevén achegarnos unhas bases xerais para iniciar a negociación dos concursos de traslados pendentes de convocar.

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo director xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.

Salir de la versión móvil