Últimas novas de función pública. Concursos de traslados, procesos selectivos e fondo de acción social. Decreto de segunda actividade dos axentes medioambientais.

Na última xuntanza que mantivemos, dende a Dirección Xeral de Función Pública fixeron os seguintes anuncios sobre procesos selectivos, concursos de traslados e algún outro asunto.

Concurso de traslados

Aseguran que durante o día de hoxe remitirán ás organizacións sindicais os borradores das bases dos concursos de traslados para Administración Especial. Teñen intención de aprobalos durante este mes de xullo.

Durante o mes de setembro prevén ter listos os correspondentes buzóns de prazas e convocar os concursos de Política Social, veterinarios, enxeñeiros e algunha outra escala da Administración Especial.

Procesos selectivos

A vindeira semana publicarán as listaxes provisionais de admitidos aos procesos selectivos correspondentes ao grupo C2 e Agrupación Profesional da Lei 20/2021. Pretenden publicar o mércores a de C2 e o venres a de AP.

Por outra parte, no DOG de hoxe saen publicadas as convocatorias dos 7 procesos selectivos que se aprobaron na última comisión de persoal sen contar co apoio de ningunha organización sindical. Trátase dos procesos de orientación laboral A1 e A2, inspección turística, condución, sistemas e tecnoloxías da información, letrados e estatísticos.

Fondo de acción social

O venres 14 publicarán a listaxe provisional do Fondo de Acción Social.

Decreto de segunda actividade dos axentes medioambientais.

Anuncian que durante o día de hoxe nos remitirán un borrador do decreto de segunda actividade dos axentes mediambientais.

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo director xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.