Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

CSIF denuncia o intento de explotación laboral dos traballadores por parte de Política Social

O acordo que plantexa a Consellería de Política Social é un intento de agresión á dedicación e esforzo do persoal que tanto aportou a nivel profesional e persoal durante a pandemia.

Visto o documento remitido pola Dirección Xeral da Función Pública o pasado día 7 de xullo de 2023 denominado ”ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS ESPECIAIS DE TRABALLO DO PERSOAL DOS CENTROS DE XESTIÓN PROPIA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA”, dende a Central Sindical Independente e de Funcionarios manifestamos:

 1.- En primeiro lugar facer referencia a un “ACORDO” cando non se nos convocou a ningunha reunión nin negociación previa e moito dicir e presupoñer. Primeira vulneración de dereitos dos moitos vulnerados neste documento.

2.- No texto introdutorio faise referencia a “coste razoable”. A Consellería de Política Social é responsable da atención sociosanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo fin e dar un servizo de calidade, como servizo público, non de ser un negocio rendible, nunca se adoptou semellante criterio como principio reitor da xestión na consellería de sanidade, responsable da atención sanitaria.

No contexto da abordaxe das melloras nas condicións laborais e salariais acadadas nos mesmos colectivos pero en outras consellerías non acabamos de entender porque este maltrato institucional cara o persoal da  consellería máis feminizada de toda a administración autonómica.

Somos persoal empregado público, contratados para dar un servizo público  ó igual que o resto de empregados e empregadas  da Xunta de Galicia  e como tal merecemos e debemos ser tratados. Non aceptaremos ningún acordo que vulnere a mellora de dereitos do persoal desta consellería fronte os acadados polo resto de empregados públicos doutras consellerías.

Ou acaso ¿considérannos funcionarios de terceira? ou é que ¿consideran de terceira aos usuarios dos servizos dos centros da Consellería de Política Social?

3.- En relación a organización do traballo queremos recordarlle a Xunta de Galicia que xa existe xurisprudencia (que afecta a esta consellería) en materia de quendas homoxéneas e equilibradas, nas que para nada se contemplarían xornadas de sete días, tres domingos a traballar de cada catro e tres noites consecutivas. E moito menos aceptar a redución por necesidades do servizo das doce horas de descanso entre xornadas, especialmente cando nesta consellería existe unha tendencia abusiva a recorrer ás “necesidades de servizo” como xustificación para todas as ausencias sen diferenciar o motivo das mesmas.

Na propia redacción do documento alúdese ó equilibrio entre o tempo traballado e o necesario descanso pero levado a práctica este acordo implicaría unha diminución real do dito período.

Tamén se fai mención a sobrecarga no período vacacional sen entrar a valorar a sobrecarga que diariamente soportan as traballadoras da Consellería de Política Social, cuantificada no resultados das enquisas de riscos psicosociais levadas a cabo polo Servizo de Prevención de Riscos da Xunta de Galicia.  A implantación das medidas recollidas neste documento empeorarían máis a situación de risco á que están expostas as traballadoras

Condicións que vulneran de novo a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

De novo incorre a administración en maltrato e explotación laboral ó pretender incrementar o número de domingos e festivos a traballar, propoñendo unha compensación discriminatoria en relación as mesmas categorías noutras consellerías (véxase último acordo firmado co Sergas).

4.- O documento recolle que “este acordo aplícaselle a todo o persoal funcionario e laboral da xunta de Galicia que preste os seus servizos a quendas na rede de centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude

Entendemos daquela que o persoal desta consellería que non traballe en quendas especiais será regulado por outra normativa.

¿Incorre esta administración en agravios?

¿Existen distintas categorías de funcionarios dentro da mesma consellería?

5.- En relación ás vacacións anuais, a redución do desfrute da metade ó período vacacional (xuño a setembro) e as solicitudes por quincenas supón unha vulneración do artigo 122 da Lei de Emprego Público de Galicia para o persoal funcionario e do V convenio colectivo para o persoal laboral da Consellería de Política Social e Xuventude con turno a quendas.

6.- En relación a conversión a xornada completa dos postos con xornada inferior a ordinaria, estamos de acordo. As débedas de días libres provocados polos cambios de quenda motivados por “necesidades do servizo” demostran cuantitativamente a necesidade urxente de incremento de efectivos. Non aceptamos a figura de “itinerante” cando a falta de persoal e un mal do que adolecen todos os centros.

7.- En relación os días 24 e 31 de decembro a redacción da cláusula cuarta é inespecífica e da lugar a confusión o empregar a figura de “necesidades de servizo” como instrumento condicionante.

8.- O documento non contempla nin mellora as condicións de traballo xa acadadas no convenio de orixe (V Convenio Colectivo) na que a compensación dun domingo ou festivo supoñía un descanso adicional do 75% ou compensación económica a maiores co 75% do salario bruto/día; sempre de forma individual por cada domingo ou festivo traballado.

A proposta é un intento de agresión á dedicación e esforzo do persoal que tanto aportou a nivel profesional e persoal durante a pandemia.  

9.- Botamos en falta temas importantes que se deberían incluír nunha negociación real e efectiva como serían:

Entendemos que o documento é unha auténtica burla e desprezo  ó persoal, fundamentando a súa redacción nun “coste razoable” (ou mais ben “miserable) da prestación dos servizos, criterio que nunca se utilizou na negociación das condiciones laborais e económicas para o persoal empregado público doutras consellerías.

Somos testemuñas de como os nosos centros son claramente manipulados polas Unidades de apoio e coordinación ás residencias  das distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde coa colaboración directa da Dirección Xeral do Maior e Atención Sociosanitaria. Esto convírtenos en doadores universais de prestación de servizos sanitarios e sociosanitarios de usuarios con necesidades propias de atención. Sen embargo, o SERGAS é o receptor universal das melloras laborais e económicas.

O persoal empregado público da Consellería de Política Social e Xuventude leva anos soportando recortes económicos, abusos laborais e abandono institucional que provocan un desgaste físico e emocional desmesurado.

En consecuencia,

CSIF esixe a retirada deste documento que vulnera dereitos recollidos na lexislación vixente, que supón un retroceso laboral, un escarnio e un descoñecemento absoluto do traballo que se realiza nos centros de xestión propia desta consellería e propoñemos que se achegue unha nova proposta ca participación de todas as OOSS no seo da negociación dun acordo marco para todos os traballadores da Administración Autónomica.

Consulta aquí a Proposta de Acordo de Política Social

Salir de la versión móvil