Alegacións da CSIF á 2ª proposta de Acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude.
Unha vez Revisada e difundida, entre o persoal traballador da Consellería de Política Social e Xuventude, a “2ª PROPOSTA DE ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS ESPECIAIS DE TRABALLO DO PERSOAL DOS CENTROS DE XESTIÓN PROPIA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE”, dende a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) expoñemos:
Na introdución do documento ratifican de novo que a crise económica da década pasada está superada, entendendo como tal a crisis financeira do Lehman Brothers do ano 2008.
Os sistemas de protección sanitario e social son pilares fundamentais do estado de benestar, foron e serán parte esencial da súa configuración.
Dende o ano 2012 o persoal da Consellería de Política Social sufriu recortes, en materia económica e en recursos humanos, que a día de hoxe aínda non recuperaron. E absolutamente incoherente que nunha “proposta de acordo” se confirme a superación da crise económica ó mesmo tempo que de xeito automático prorrogan, mediante emendas, a suspensión indefinida dos artigos do V Convenio Colectivo para Persoal Laboral de Xunta de Galicia que garanten, en todo caso, unas “quendas homoxéneas e equilibradas entre o tempo de traballo e o tempo de descanso” nomeado na cláusula 1º da 2ª proposta enviada por Función Pública.
Descansos ós que teñen dereito todos os empregados públicos que realizan quendas e que no caso do persoal doutras consellerías nunca lles foron suspendidos como poden ser:
- 48 horas de descanso semanal ininterrompido.
- Compensación de quenda por traballo en domingo ou festivo (diferencia segundo módulo de quenda ordinaria (M-T), quenda festiva (M-T) e nocturnidade (ordinaria, prefestiva ou festiva).
- Compensación por intersustitución ou por cambio de quenda para cubrir ausencias de efectivos…
- Compensación xornadas especiais 24,25, 31 de decembro,1,6 de xaneiro.
O persoal funcionario e estatutario a quendas da Xunta de Galicia ten incluído, nos seus acordos e estatutos, os ditos descansos así como as contías económicas correspondentes que non se aproximan para nada ó que se propón para o persoal desta consellería.
Estamos pois asistindo ó nacemento de funcionarios de rebaixas??
- Descanso semanal de dous días, 36 horas ou 48 horas?.
SEN DEFINIR
- “X “que significa?, é hábil ou inhábil? É día de compensación?
SEGÚN INTERÉS
- 24 e 31 de decembro, compensación si se traballa por “necesidades do servizo”?, e si che toca por rotación en quenda non se compensa? Onde está definidas as necesidades do servizo?.
SEN DEFINIR E CON AGRAVIOS
- Descanso semanal dun de cada dous domingos (50%) cantidade que se poderá exceder ata o 60% anual por causas asistencias. Onde están definidas?
SEN DEFINIR, CHEQUE EN BLANCO PARA OS DIRECTORES DOS CENTROS.
- Compensación de dous días de descanso (X) e compensación económica cada grupo de catro domingos ou festivos traballados. Por qué non se abona
de forma individual como á tódolos empregados públicos que traballan a quendas? Por qué non se compensa segundo a normativa de orixe?
O PERSOAL DE POLÍTICA SOCIAL COME CADA DOMINGO OU FESTIVO
Con todo “en tanto en cuanto non se regule o complemento de nocturnidade garántese que o persoal funcionario non terá retribución inferior que a que lle correspondería de ser laboral”
¡SOLO FALTARÍA¡
Vacacións anuais, engádese “os días de vacacións restantes, fora dese período, poderanse gozar por días hábiles segundo a normativa vixente sobre vacacións”
A NORMATIVA VIXENTE XA DITA INSTRUCCIÓNS SOBRE A SOLICITUDE E DISFRUTE DO PERIODO VACACIONAL PARA TODOS OS EMPREGADOS PÚBLICOS.
- “Estudo das causas de absentismo”
Os recortes económicos e laborais aplicados ó persoal traballador da Consellería de Política Social de xeito continuado e inxustificado, como así o recolle o presente documento “SUPERADA A CRISE ECONÓMICA”, supuxo un incremento da sobrecarga laboral e como consecuencia un aumento importante de discapacidades no persoal e adaptacións de postos de traballo (datos cuantitativos dispoñibles no servizo de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia).
Sobrecarga laboral que veñen sufrindo ano tras ano, ó longo de todo o ano incluído o período vacacional. Os centros da consellería de Política social son endémicos na débeda de días de compensación ó persoal traballador pola realización de xornadas continuadas ou cambios de xornada motivados por ausencias sen cobertura (situación de I.T., permisos, licenzas, vacacións…) derivado dunha mala cultura de empresa que dificulta un entorno de traballo seguro e axeitado para que o persoal poida desempeñar a súas funcións sen que implique un desgaste físico e psicolóxico.
Situación que non se vai a corrixir si se segue empregando o comodín de “necesidades do servizo” de xeito indiscriminado.
O absentismo xustificado derivado da antedita situación así como a sinistralidade e agresións laborais que sufre diariamente este colectivo é de sobra coñecido pola Consellería de Política Social (datos das enquisas de avaliación de riscos psicosociais, das estatísticas do servizo de prevención, e das comunicacións de agresións) sen ningún tipo de resposta ó respecto.
DATOS HAI, SOLUCIÓN NINGUNHA
Ante todo o exposto dende CSIF abordamos as seguintes cuestións:
¿Por qué non dispón a Consellería de Política Social dun plan para prevención de agresión nos centros de traballo?
¿Por qué un acordo diferente para o persoal traballador da Consellería de Política Social?
¿Por qué “unha vez superada a crise económica da década pasada” non se lle devolveu a este persoal todos os seus dereitos?
¿Por qué unha proposta con condicións económicas miserables CADA CATRO DOMINGOS E/OU FESTIVOS para o persoal desta consellería?
¿Por qué se deixa á interpretación dunha comisión de seguimento cuestións como “descompensación de carteleiras”, “necesidades de servizo”, “descanso e/ou retribucións quendas nocturnas”, “quendas excepcionais superiores a cinco días ou a dúas noites consecutivas”
Todas estas cuestións, ademais das xa plantexadas por CSIF nas alegacións anteriores, teñen que quedar definidas nun acordo marco que regule as condicións especiais de traballo do persoal traballador da Xunta de Galicia, non poden quedar ó arbitrio e interpretación dunha comisión de seguimento.
SÓ TEN UNHA INTERPRETACIÓN: DESPREZO Ó PERSOAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Consulta a 2 proposta Acordo de Política Social
Enlace de interés:
CSIF denuncia o intento de explotación laboral dos traballadores por parte de Política Social