Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Últimas novas sobre procesos selectivos. A Dirección Xeral de Emprego Público publica un novo calendario de exames.

Na última comisión de persoal, celebrada este martes, a directora xeral anunciou a publicación dun novo calendario coas datas de realización dos primeiros exercicios dos procesos selectivos que aínda están pendentes.

O pasado mes de xuño, a Dirección Xeral de Emprego Público retirou o calendario coa datas previstas datas previstas para os exercicios dos procesos selectivos en marcha. O calendario fora anunciado polo presidente da Xunta durante a campaña electoral e estaba publicado na web de Función Pública. Cando preguntamos por isto, a resposta da directora xeral foi que non lle constaba a existencia de ningún calendario. Días despois, logo da denuncia formulada por CSIF, asegurou que farían o necesario para cumplir coas datas previstas.

Hoxe, case dous meses despois, volven a publicar un calendario. Aseguran que ven case sen modificacións con respecto á previsión inicial, pero a realidade é que hai cambios significativos e que afectan a milleiros de aspirantes.

Con respecto á promoción interna de corpos xerais para os subgrupos C2, C1, A2 e A1, o primeiro exercicio estaba previsto para decembro de este ano. Agora retrásase ata o mes de febreiro, segundo a directora, por cuestións organizativas. A cousa é que, polo visto, hai persoas que forman parte dos tribunais de procesos selectivos de estabilización e que participarán como aspirantes nestes procesos de promoción interna.

Dende a dirección xeral confían en que os procesos de estabilización finalicen efectivamente en decembro e así poder publicar no mes de xaneiro as listaxes de persoas admitidas á promoción interna sen interferencias. Polo tanto, o cumprimento da previsións para a promoción interna queda sometido ao desenvolvemento da estabilización. Outra dose de incertidume para os funcionarios de carreira. E a seguir esperando.

Os procesos selectivos para persoas con discapacidade intelectual tamén quedan adiados para xuño de 2025.

O calendario publicado inclúe previsións para os procesos convocados durante o 2024. Veremos…

👉 NOVO CALENDARIO DE EXAMES

Salir de la versión móvil