Últimas novas de Función Pública sobre procesos selectivos e concursos

Últimas novas aportadas hoxe por Función Pública na Mesa Xeral (extraordinaria) de Negociación de Empregados Públicos:

Procesos selectivos PROMOCIÓN INTERNA:

  1. No subgrupo A1 están pendentes de publicación as notas do segundo exercicio, e está prevista a realización do terceiro para o 22 de decembro.
  2. No subgrupo A2, están tamén pendentes de publicación as notas do segundo exercicio, que está previsto que se publiquen nos próximos días.
  3. Nos subgrupos C1 e C2, xa están feitos todos os exames da fase de oposición, polo que publicaranse proximamente as notas da fase de oposición. Polo que respecta á fase de concurso a coordinación e a baremación realizarase dende a propia Dirección Xeral de Función Pública, e despois pasaranse os datos aos respectivos tribunais. Está previsto que o concurso se publique o 14 ou 15 de decembro.

Procesos selectivos ACCESO LIBRE:

  1. No subgrupo A1 están pendentes de publicación as notas do segundo exercicio, e está prevista a realización do terceiro no mes de xaneiro de 2017.
  2. No subgrupo A2, están tamén pendentes de publicación as notas do segundo exercicio e está prevista a realización do terceiro exercicio para o 12 de xaneiro de 2017.
  3. Nos subgrupo C1 está pendente de publicación as notas do segundo exame e está previstaa realización do seguinte exercicio para xaneiro do 2017.
  4. No subgrupo C2, está prevista a realización da proba de informática (segundo exame) o próximo día 20 de decembro en Silleda.
  5. Escala superior de Finanzas: están pendentes as notas do 3º exame e está prevista a realización do 4º en xaneiro do 2017.
  6. Escala técnica de Finanzas: está pendente a realización do exame de galego, e xa están publicadas as notas do 3º exercicio.

En todo caso, dende Función Pública pretenden que estes procesos estean pechados en xaneiro ou febreiro do próximo ano.

Outros temas:

Dende a CSI•F preguntamos pola petición de días de asuntos propios nos centros dependentes da Consellería de Política Social. Por unha parte, rexeitamos que os traballadores destes centros teñan dereito a un número de asuntos propios inferior ao do resto do persoal da Xunta de Galicia. E por outra, preguntamos ao respecto da petición dos días de asunto propios e vacacións en papel, xa que na maioría destes centros os traballadores non teñen acceso ao PORTAX. O director xeral de Función Pública comprometeuse a estudiar o tema do PORTAX.

Polo que se refire ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entendemos que debe procurarse aos traballadores unha solución para os días de asuntos propios que pediron “de máis” seguindo as instruccións do propio Consorcio, porque de ningunha forma se pode perxudicar a estes traballadores que seguiron as instrucción “da empresa”. Polo que respecta á negociación das categorías do Consorcio, dende a CSI•F esiximos que se convoque ao Comité Intercentros, que é o lexitimado para a negociación neste caso.

Concurso de traslados do persoal laboral: estase a traballar na modificación das bases de carácter xeral para todos os concursos, modificacións que está previsto que estean en xaneiro, pero o director xeral de Función Pública recoñece que este concurso é absolutamente prioritario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016