Información sobre: teletraballo, eleccións de destino, concurso de traslados, procesos selectivos, Consorcio de I+B, CIXTEC e OPE 2021
Información facilitada polo Director Xeral de Función Pública na Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o 9 de novembro de 2020.
1.- Teletraballo: Despois de que última reunión celebrada con Función Pública parecía que se avanzaba nun consenso, o novo documento presentado na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos celebrada o día de hoxe segue a manterse restritivo.
O documento está previsto que se aprobe na Comisión de Persoal do vindeiro mércores 11 de novembro. A CSIF pediu a retirada da orde do día para dar tempo a encauzar as negociacións e acadar un documento consensuado.
3 Eleccións de destino: Levaránse a cabo durante o mes de novembro, segundo afirmou o Director Xeral. Iso afecta tanto aos procesos de acceso libre como de promoción interna.
3.- Concurso de Traslados: O Director Xeral de Función Pública manifesta que non está en disposición de mais información que as listas de admitidos e excluídos está practicamente rematada.
4.- Procesos Selectivos: O Director de Función Pública afirma que se están a realizar as últimas concrecións coas autoridades sanitarias e que nuns días concretarás datas de inicio dos exercicios.
5.- CIXTEC: En dous ou tres meses, e unha vez adaptados os seus estatutos, negociarase a RPT de Amtega para integrar ao persoal do CIXTEC. Posteriormente procederase á integración voluntaria do persoal laboral fixo do extinto CIXTEC como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Así mesmo, o Director de Función Pública deixou entrever que, en tanto o persoal do CIXTEC non se integre como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, non terá dereito á carreira profesional.
6.- Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar: Ao longo deste mes procederase a negociar a adaptación do seu estatuto e normas de funcionamento á Lofaxga. Elo coa idea de incluír as prazas do Consorcio na futura OPE, a fin de levar a cabo os correspondentes procesos de estabilización e consolidacion.
Nota importante:
CSIF non se fai responsable nin asume a veracidade das informacións facilitadas pola Dirección Xeral de Función Pública, así como tampouco do cumprimento dos prazos. Simplemente fai de correa de transmisión aos empregados públicos e ás demais persoas interesadas da información que recibe.