A Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) confirmou, en resposta a CSIF no turno de rogos e preguntos da reciente Mesa Sectorial, que revisará os postos ofertados na elección de destino de Axentes Técnicos en Xestión Ambiental , tanto a posible retirada dalgúns que non foron obxecto de convocatoria ao abeiro da Lei 20/2021 como a incorporación de novos postos susceptibles de seren ofertados.
Solicitamos tamén información acerca dos rumores de aprazamento das probas das especialidades do SPIF que se van a celebrar o 15 de maio para as escalas de bombeiros forestais, recibindo a confirmación de que non lles consta cambio algún na data de celebración.
Unha vez mais solicitamos información do estado actual dos Concurso dos Corpos Xerais informándonos que no momento de publicación da resolución sairá tamén a data de toma de posesión e que se producirá, probablemente, ao longo deste mes de abril, mantendo así os prazos xa informados por Emprego Público dende o mes de Xaneiro.
CSIF reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos dos empregados públicos galegos e a esixencia dunha xestión transparente e eficiente dos recursos humanos por parte da Xunta.

