A publicación dos destinos adxudicados nos corpos xerais, na escala sociosanitaria e en Educación Infantil, prevista para esta semana, non se levou a cabo, incumpríndose así as previsións trasladadas pola Administración.
Segundo a nova información comunicada hoxe en Mesa Sectorial, a publicación dos destinos queda aprazada do seguinte xeito:
1. Corpos Xerais : Adiase a Publicación da Resolución de Nomeamentos e Adxudicación de Postos da semana do 13/17, como estaba previsto, á 2ª Quincena de Xullo, manténdose as demais datas como estaba previsto.
2. Educador Infantil(A2) – Axentes Educación Infantil (C1) – Auxiliar Coidadores (C2): A próxima semana publicaranse as eleccións de destino no DOG. Nese primeiro acto se resolverán as prazas ate estabilización (serán quenes escollan).
A directora informa que se detectaron máis de 40 persoas de Auxiliares Coidadores que superaron varios procesos (concurso e concurso-oposición), máis de 50 no caso de Axentes de Educador Infantil e 2 en Educador Infantil.
Estas persoas terán que renunciar nun dos procesos e cando se teña constancia das renuncias, procederase a publicar unha relación complementaria de aprobados.
Neste segundo acto esas novas persoas aprobadas serán convocadas a Elección de Destino no mes de Agosto, onde se incluirán as 124 persoas que superaron C1 Axentes de Educación Infantil no 2024.
3. Escala Socio Sanitaria A adxudicación publicarase tamén na segunda quincena de xullo, seguindo á dos corpos xerais. A toma de posesión atrasouse do 8 ao 15 de setembro para non romper as cadeas de vacacións do persoal (por petición expresa da consellería de Política Social).
Dende CSIF esiximos o cumprimento dos prazos comprometidos e que se informe con transparencia de calquera cambio que afecte ao persoal

