Nota informativa sobre o proceso de recoñecemento de competencias profesionais dos Axentes Forestais e Medioambientais e sobre a impartición das acción formativas tendentes á obtención da titulación requirida para o ingreso na nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental do Grupo B.
O pasado día 19 de abril de 2018 tivo lugar unha xuntanza das catro organizacións sindicais con representantes das consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Educación e Ordenación Universitaria para tratar sobre a efectividade da implantación da nova Escala de Axentes Técnicos Medio Ambientais (Grupo B).
Nesa reunión, a Administración presentou os resultados do proceso de acreditación de Competencias segundo o seguinte detalle:
- Das 200 persoas que tiñan a posibilidade de acadar a titulación de Acceso (Técnico Superior en Xestión Forestal e Medio Natural) matriculáronse nas probas 187, das que 157 superaron ao menos 1 dos 16 módulos formativos.
- Pola contra, únicamente 12 persoas superaron a totalidade dos módulos, estando á espera de poder superar os 6 módulos profesionais pendentes de impartir (os que non están asociados a Unidades de Competencia) e 5 persoas mais teñen unicamente pendente eses módulos anteriores, mais outro módulo distinto.
Perante esta situación, a Administración propón ofertar formación de xeito inmediato (antes do remate do Curso 2016-2017) só a estas persoas e ofertar unha nova acción formativa para o Curso 2018-2019 á totalidade dos 157 presentados para que poidan acadar o título.
Asemade, por parte da Administración transmiten que ata o 30 de abril esta aberto o prazo para matricularse dos Módulos por Libre, informando que esta vía non computa aos efectos de esgotar convocatorias.
Por parte do CSIF se solicita:
- Que a Administración transmita o custe e ás vías de financiación que supón a nova oferta formativa así como o das variantes que propoñen outros sindicatos (tales como estender aos 157 presentados unha nova oferta formativa para xuño do 2018, o que na práctica resulta algo inviable, toda vez que supón que nun mes estas persoas teñan que superar unha cantidade de Módulos que implican case que 1.000 horas lectivas).
- Que a Administración informe acerca das actuacións que se están a facer con respecto dos 199 efectivos que teñen que obter una titulación previa habilitante para acceder ao Titulo de Técnico Superior; toda vez que ata o de agora non se levou a cabo ningunha medida en prol deste colectivo. Así como unha proposta cuantificada economicamente e as súa forma de financiación.
Resulta necesario lembrar que para poder convocar un Proceso Selectivo que integre aos Axentes Forestais e Axentes Medioambientais na nova Escala do Grupo B requírese que un 40% do colectivo estean en situación académica que lles permita obtar a dita reclasificación.
A Administración recolle as propostas e nos cita para unha próxima reunión, que deberá ter lugar ao longo desta semana.
- Consultade aquí a proposta da Administración de formación destinada á obtención do título de técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural facilitada na reunión ⇒ Documento