Dende CSIF informamos do acontecido na última xuntanza da Comisión de Persoal, celebrada o pasado venres día 10 de abril e sentido de voto respecto da modificación de distintas RPts.
Modificación de RPTs
- RPT da Comunidade Autónoma: (CSIF votou: A Favor), aínda que puntualizando a preocupación polo cambio de criterio na selección do persoal, como xa deixamos de manifesto na reunión previa. A Administración respondeu que estas propostas son consultadas coas consellerías para garantir a súa adecuación.
- Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: (CSIF votou: Abstención), aínda cando o balance é negativo, destacamos positivamente a creación de prazas de «maior valor» e a incorporación de reclamacións plantexadas pola nosa organización.
- Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA): (CSIF votou: A Favor). Apoiamos a apertura de prazas para contar con persoal especializado na xestión de fondos comunitarios (PAC), entendendo os novos marcos normativos.

