Vimos de ser convocados a unha próxima xuntanza da Comisión de Persoal para o vindeiro venres 26 coas modificacións das RPT’s de Medio Rural e da Administración Especial como puntos da orde do día.
ORDE DO DIA
- Proxecto de acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da consellería do Medio Rural ⇔ MOD_RPT_MEDIO_RURAL
- Proxecto de acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ⇔ RPT_ADMON_ESPECIAL
