Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

CSIF Galicia repalda as reivindicacións das persoas traballadoras das escolas infantís

A Central Sindical Independente e de Funcionarios reclama medidas urxentes para garantir unha atención educativa de calidade.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) manifesta o súa
solidariedade coas reivindicacións das persoas traballadoras das Escolas Infantís de
Galicia, ante a situación actual do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos).

CSIF denuncia que as condicións nas que se está a desenvolver o traballo nas escolas
infantís non garanten unha atención educativa de calidade nin o benestar dos nenos e
nenas, ao tempo que supoñen unha sobrecarga inasumible para as/os profesionais.

Entre as principais demandas do colectivo, destacamos:

1. Ratios acordes ás recomendacións europeas. Na actualidade, en Galicia
atopámonos con ratios claramente excesivas: unha persoa educadora para 8
bebés de 0-1 ano, 13 nenos/as de 1-2 anos e 20 crianzas de 2-3 anos. Estas cifras
están moi afastadas das recomendacións europeas, que establecen unha persoa
educadora para 4 bebés de 0-1 ano, 6 nenos/as de 1-2 anos e 8 nenos/as de 2-3
anos. Esta diferenza impacta directamente na calidade da atención, na
seguridade e no desenvolvemento emocional e cognitivo da infancia.

2. Implantación da parella educativa. CSIF considera fundamental a presenza de
dúas persoas profesionais por grupo como medida estrutural que garanta unha
atención máis individualizada, permita unha mellor organización do traballo e
reduza a carga física e emocional das persoas educadoras.

3. Recoñecemento educativo do ciclo 0-3. Resulta imprescindible que o primeiro
ciclo de Educación Infantil sexa recoñecido plenamente como etapa educativa, o
que implica a súa adscrición á consellería competente en materia de educación.
Así mesmo, é necesario establecer un calendario escolar adaptado ás
necesidades reais dos nenos e nenas destas idades, así como garantir tempos de
atención non directa para tarefas de programación, coordinación e avaliación. A
isto debe sumarse unha formación continua, actualizada e de calidade para o
persoal.

4. Incorporación de profesionais de atención temperá. CSIF denuncia a falta de
recursos especializados nos centros. Non pode ser que, ante a presenza dun neno
ou nena con necesidades educativas específicas, a única medida sexa a ocupación dunha dobre praza como suposta medida integradora. É imprescindible contar
con profesionais de atención temperá que garantan unha intervención adecuada
e inclusiva.

Dende a CSIF lembramos que o persoal do primeiro ciclo de Educación Infantil conforma
un sector altamente feminizado que non pode seguir soportando condicións laborais
precarias nin a falta de recoñecemento da súa labor educativa e pedagóxica.

O deterioro progresivo deste ciclo require solucións urxentes, así como a creación dun
marco normativo común que evite as desigualdades existentes entre diferentes
modelos de xestión e garanta unha educación infantil pública de calidade, equitativa e
centrada na infancia.

Por todo elo, CSIF Galicia acompañará ás traballadoras do 0-3 na súa loita pola
dignidade das escolas infantís e pola mellora das condicións tanto da infancia como
das profesionais

Salir de la versión móvil