Non hai data probable de apertura dos centros de 1º Ciclo dependentes de Política Social. Nin as visitas a Residencias de Maiores nin CAPD’s

Non hai data probable de apertura de apertura dos centros de 1º ciclo dependentes de Política Social. Tampouco están previstas a apertura ás visitas nas Residencias de Maiores nin nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.

Conversas coa Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Política Social no día 06 de maio de 2020, nas que CSIF trasladou as seguintes cuestións:

1.Fases de Desescalamento nos centros de Política Social.

CSIF traslada a inquedanza sobre a posible apertura a visitas dun familiar a persoas con discapacidade en residencias tal como recolle a fase II do plan  de desescalamento, no ámbito dos servicios sociais, aprobada polo goberno (28/04/2020).

Dentro de esta II fase figura tamén a posibilidade de apertura dos Centros de Educación Especial como o “María Mariño” que se encontra dentro do complexo do CAPD de A Coruña,  que ten casos positivos por covid-19 tanto en residentes como en traballadores, e da servizo de comedor aos nenos do dito centro educativo.

Resposta da S.X.

De momento non está previsto o inicio de apertura dos centros a visitas nin nas Residencias de Maiores nin nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPDs), en cuxo caso a apertura faríase á par.

Estase  estudando e traballando cos Comités Clínicos para protocolizar este tema de forma que se establezan límites de aforo, como a cita previa, visitas en lugares pouco transitados dos centros, desinfección exhaustiva entre as visitas etc.

En canto a apertura do centro “María Mariño” traslada que non teñen ningunha noticia  por parte de educación, que incluso cerraron os seus centros residenciais.

2.- Apertura de Escolas Infantís.

O Plan de desescalamento do Goberno na II fase no eido de educación establece a apertura de infantil ata 6 anos. O presidente da Xunta de Galicia anunciou que o servizo se vai a dar a toda a poboación infantil (1º e 2º ciclo).

CSIF cuestiona a apertura dos centros do 1º ciclo que pertencen a Política Social xa que parte dos seus traballadores foron de reforzo a centros con covid-19.

 Resposta da S.X.

Con respecto a este tema, non hai nada previsto, non hai data probable de apertura, é un tema moi delicado e estase traballando nun protocolo que enviarán á parte social para que se poidan facer alegacións.

3.- Medidas organizativas adoptadas nos centros de Política Social durante o estado de alarma.

Durante o estado de alarma establecéronse unha serie de medidas organizativas como a sectorización que inclúe o reforzo dos centros con persoal de escolas infantís, de dependencia, de educación…(camareras/limpiadoras,cuidadoras,médicos,enfermeiras)CSIF pregunta se esta situación se vai  seguir mantendo.

Resposta de la S.X.

Non se vai  baixar a garda ni se vai  retirar ningunha medida, vanse manter todas  durante este mes incluso o reforzo.

4.EPIs

CSIF traslada a preocupación pola dificultade que teñen os centros para a adquisición de EPIs, os directores dos centros fan petición, a través da plataforma de distribución de material da Xunta de Galicia , de guantes, mascarillas cirúrxicas, xeles hidroalcohólicos e produtos de desinfección, pero non teñen a opción para solicitar EPIs (mascarillas FFP2,FFP3,batas plastificadas e gafas).  ESIXIMOS UNHA SOLUCIÓN¡¡

Resposta da S.X.

Entende que teñen que ter EPIs  e o van comprobar.

CSIF solicita que se lles proporcionen dúas mascarillas cirúrxicas por tuno ao persoal dos centros.

5.- Vacacións

CSIF insiste sobre o tema das vacacións. Entendemos que hai que xestionalas axeitadamente e propoñemos a súa cobertura mediante acúmulos de tarefas para manter a continuidade na atención a colectivos especialmente vulnerables fronte ao SARS-CoV-2(COVID-19).

Resposta do Subdirector

É un tema que hai que organizar  e aclarar con Función Pública debido á situación de excepcionalidade.

 Resposta da S.X.

Non pode haber un excesivo tránsito de persoas nos centros tendo en conta a situación actual, tanto nos que teñan casos de Covid-19 como nos que non.

Neste punto CSIF traslada os problemas que hai para facilitar ás traballadoras o permiso acumulado por coidado de lactante (permiso por lactación) e a cobertura das vacacións pendentes de desfrutar do ano anterior.

Todo o que consideramos unha falta total de capacidade organizativa.