Xuntanza para abordar a xornada laboral, a formación e a cobertura de postos no Consorcio

XUNTANZA DOS COMITES DE EMPRESA E ORGANIZACIÓS SINDICAIS COA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO (14 xullo 2017).

Abordaráronse temas relativos á xornada laboral, á formación e a cobertura de novos postos de traballo:

XORNADA LABORAL

A Xerencia comunica que a xornada laboral ten que adaptarse ao V Convenio, polo que se deberán facer 37 horas e 30 minutos á semana (de luns a venres) en vez das 39 horas semanais actuais (de luns a sábado).

A distribución sería a seguinte:

  • 35, 5 horas de atención directa.
  • 2 horas de programación, organización, tutorías, etc…

Dende CSIF pedimos que se garanta que esas 2 horas de programación nunca poderán diminuir e pasen a ser de atención directa, para poder así continuar o actual modelo educativo da Rede de Escolas Infantís de Galicia (Galiña Azul). Para iso, entendemos que é necesaria a modificación do parágrafo da proposta que di: ” Sen prexuicio da distribución da xornada semanal indicada con carácter xeral e en función das necesidades de cada centro, poderá acordarse unha distribución da xornada distinta, sempre que 35 horas e 30 minutos, cando menos, sexan de atención directa”.

En canto as xornadas partidas, a Xerencia di que se axustarán ao V Convenio, e que de existir a posibilidade ou non dun complemento salarial para quen as desempeñe, terá que posporse á negociación da Relación de Postos de Traballo.

FORMACIÓN

A Xerencia comunica que se iniciarán conversacíons coa EGAP para a prestación da formación ao persoal de Consorcio.

Desde CSIF esiximos que a formación que se preste dende a EGAP se adapte ás necesidade do persoal do Consorcio en canto a contidos e en canto a compatibilidade de horarios dos traballadores e centros de traballo do Consorcio

APERTURA DE NOVAS ESCOLAS INFANTÍS

Abrirán dous novos centros na provincia de A Coruña:

E.I. de Arteixo, con 14 postos de traballo (3 mestras, 9 educadoras e 2 PSX).

– E. I. Burela, con 7 postos de traballo (2 mestras, 4 educadoras e 1 PSX).

A maiores, poderá aumentar o número de traballadores nas escolas que xa estean abertas no caso de aumento significativo de matriculacións.

Para a cobertura destes novos postos de traballo se poderá acceder mediante a adscrición temporal o persoal laboral fixo. A cobertura farase tamén mediante listas.

No caso das adscricións temporais para persoal fixo, primará a antiguidade e, no caso de empate, haberá un segundo criterio. Para establecer este segundo criterio, o Xerente pide una proposta ás OOSS antes do mercores 19 de xullo.