A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) impartirá en setembro e outubro cursos nas catro provincias galegas co obxectivo de mellorar a formación en PRL do persoal de escolas infantís, centros de día e residencias de maiores, etc, preferentemente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A convocatoria dos mesmos saíu hoxe publicada no DOG.
As actividades formativas, de carácter presencial e de 15 horas de duración, están homologadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e cofinanciadas pola Xunta de Galicia.
As accións son as seguintes:
I.- Curso práctico para a xestión da prevención de riscos laborais en educación infantil (0-6 anos), para persoal que traballa nas Escolas Infantís A Galiña Azul.
- Consulta aquí os obxectivos e contidos.
- Desenvolveranse seis edicións, con 20 alumnos por edición.
II.- Curso de boas prácticas para a prevención de riscos laborais nas residencias da tercera idade, centros de día e asimilados.
- Consulta aquí os obxectivos e contidos.
- Desenvolveranse seis edicións, con 20 alumnos por edición
Presentación de solicitudes:
O prazo para solicitar a inscrición nestes cursos ábrese mañá (día seguinte a saída da convocatoria no DOG) e finalizará o 8 de setembro.
As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación e ata as 23.55 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 546 257, 981 546 254, 981 546 335 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es.