Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

A provisión de postos por concurso específico é menos discrecional que a selección a dedo? As dúbidas de CSIF

A Xunta presume de que vai nomear aos seus primeiros xefes de servizo sen recorrer á libre designación, é dicir, á selección a dedo, nun artigo publicado no diario Faro de Vigo o pasado día 17 de maio. Na noticia lóase o novo sistema de provisión, recollido na Lei de Emprego Público (lembramos, lei non negociada cos sindicatos), por concurso específico por ser “menos discrecional”: “En principio _ sostén á información_ son uns 500 os xefes de servizo nomeados por libre designación que poderían pasar a ser elixidos por un método máis obxectivo de valoración dos méritos. Pero de momento empezarase pola Atriga (Axencia Tributaria de Galicia)”.

Pero, en que consiste o concurso específico? É realmente un sistema máis obxectivo?

A lei sostén que valoraranse os méritos e as capacidades, así como os coñecementos ou as aptitudes determinados en cada convocatoria e relacionados co posto de traballo que se vai prover.

A valoración dos méritos suporá como minimo o 50% da puntuación máxima.

Pero, quen establece os méritos a valorar? A Administración, aínda que descoñecemos cales serán os criterios “obxectivos” desta valoración, e mesmo descoñecemos se serán «obxectivos».

En canto á valoración das capacidades, coñecementos ou aptitudes, a convocatoria pode incluír a realización de probas de carácter práctico, memorias, entrevistas ou tests profesionais, a valoración de informes de avaliación ou outros sistemas similares.

Pero, dicir que pode incluir probas de carácter práctico, significará que incluirá? Canto de obxectivo é unha entrevista de traballo ou a valoración dunha memoria?

Por iso, ante o anuncio da RPT da Axencia Tributaria de Galicia, CSI-F, na última xuntanza para abordar este tema, solicitamos á directora de Atriga que defina claramante cal será o sistema de selección de candidatos así como o prazo en que dita forma de provisión será efectiva. Ademáis, fronte a súa afirmación de que concurso o específico levarase a cabo cando exista un desenvolvemento regulamentario oportuno,aclaramos que non é preciso ningún regulamento para dar cumprimento á Lei de Emprego Público pois este só se establece a efectos de valorar cada cinco anos a continuidade ou a remoción da persona nomeada por concurso específico, pero non para a súa convocatoria.

Por que é vantaxoso para o Goberno este sistema de provisión mediante concurso específico?

Porque mentres que os postos de libre designación se nombran e cesan discrecionalmente e sen xustificación con cada Goberno de turno, no concurso específico a valoración realizarase aos cinco anos co fin de determinar a súa continuidade. É dicir, que en postos clave como poden ser os da Axencia Tributaria, o Goberno se garantiza que o persoal nomeado por concurso específico se manterá un mínimo de cinco anos como seu persoal de confianza aínda que entre un novo Executivo.

A nosa postura respecto aos outros temas abordados nesta reunión:

Xuntanza coas organización sindicais:

Salir de la versión móvil