A provisión de postos por concurso específico é menos discrecional que a selección a dedo? As dúbidas de CSIF

A Xunta presume de que vai nomear aos seus primeiros xefes de servizo sen recorrer á libre designación, é dicir, á selección a dedo, nun artigo publicado no diario Faro de Vigo o pasado día 17 de maio. Na noticia lóase o novo sistema de provisión, recollido na Lei de Emprego Público (lembramos, lei non negociada cos sindicatos), por concurso específico por ser “menos discrecional”: “En principio _ sostén á información_ son uns 500 os xefes de servizo nomeados por libre designación que poderían pasar a ser elixidos por un método máis obxectivo de valoración dos méritos. Pero de momento empezarase pola Atriga (Axencia Tributaria de Galicia)”.

Pero, en que consiste o concurso específico? É realmente un sistema máis obxectivo?

A lei sostén que valoraranse os méritos e as capacidades, así como os coñecementos ou as aptitudes determinados en cada convocatoria e relacionados co posto de traballo que se vai prover.

A valoración dos méritos suporá como minimo o 50% da puntuación máxima.

Pero, quen establece os méritos a valorar? A Administración, aínda que descoñecemos cales serán os criterios “obxectivos” desta valoración, e mesmo descoñecemos se serán «obxectivos».

En canto á valoración das capacidades, coñecementos ou aptitudes, a convocatoria pode incluír a realización de probas de carácter práctico, memorias, entrevistas ou tests profesionais, a valoración de informes de avaliación ou outros sistemas similares.

Pero, dicir que pode incluir probas de carácter práctico, significará que incluirá? Canto de obxectivo é unha entrevista de traballo ou a valoración dunha memoria?

Por iso, ante o anuncio da RPT da Axencia Tributaria de Galicia, CSI-F, na última xuntanza para abordar este tema, solicitamos á directora de Atriga que defina claramante cal será o sistema de selección de candidatos así como o prazo en que dita forma de provisión será efectiva. Ademáis, fronte a súa afirmación de que concurso o específico levarase a cabo cando exista un desenvolvemento regulamentario oportuno,aclaramos que non é preciso ningún regulamento para dar cumprimento á Lei de Emprego Público pois este só se establece a efectos de valorar cada cinco anos a continuidade ou a remoción da persona nomeada por concurso específico, pero non para a súa convocatoria.

Por que é vantaxoso para o Goberno este sistema de provisión mediante concurso específico?

Porque mentres que os postos de libre designación se nombran e cesan discrecionalmente e sen xustificación con cada Goberno de turno, no concurso específico a valoración realizarase aos cinco anos co fin de determinar a súa continuidade. É dicir, que en postos clave como poden ser os da Axencia Tributaria, o Goberno se garantiza que o persoal nomeado por concurso específico se manterá un mínimo de cinco anos como seu persoal de confianza aínda que entre un novo Executivo.

A nosa postura respecto aos outros temas abordados nesta reunión:

  • Solicitamos información sobre as causas polas que se elima o complemento informático. A directora di que o seu traballo actual non o xustifica.
  • Mostrámonos en contra da apertura de postos a outras Administracións en tanto en canto non existan convenios de reciprocidade e proponse no seu lugar a creación de postos de maior nivel a fin de facelos máis atractivos e que non haxa problemas para a súa cobertura. No caso de manter este criterio de apertura de postos a outras Administraciòns, solicitamos un cerficado emitido pola dirección Xeral da Función Pública de que non se supera a porcentaxe establecida para tal finalidade (7%) na Lei de Emprego Público de Galicia.
  • Rexeitamos e non entendemos a creación do posto de ordenanza (persoal laboral) cando hai corpo/escala de personal funcionario para dito posto. (Subalterno/Agrupación Profesional). Consideramos un contrasentido que mentras o Presidente da Xunta anuncia a intención de funcionarizar ao maio número de persoal laboral, a Atriga (C. de Facenda) convoque prazas de persoal laboral que teñen a súa correspondia en persoal funcionario.
  • Con respecto ás Xefaturas de Negociado que se crean (N 18), entendemos que non teñen os problemas de cobertura que poderían ter os postos bases, polo que piden que se pechen a AXG.
  • Solicitamos á Directora que na Mesa Xeral se faciliten datos acerca do que importan os convenios que están asinados cos Rexistros da Propiedade das provinicas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Xuntanza coas organización sindicais:

  • Tema: Proposta de modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga)
  • Cando: 18 de maio, ás 13.10 h. na sala de xuntas da Rúa Pastoriza (Santiago).
  • Asistentes: CSI-F, CCOO, UGT e CIG, a directora de Atriga e a xefa do departamento de RRHH.
Categorías RPT