Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Compromisos electorais en materia de Función Pública das forzas políticas

eleccións galegas 25 SNa CSI-F Galicia estamos a seguir de preto as propostas en materia de Función Pública das forzas políticas que concurren ás eleccións. Fixemos unha recopilación, totalmente aséptica, dos compromisos que recollen sobre esta área os principais partidos políticos nos seus programas electorais para que cada quen saque as súas propias conclusións. Pola nosa parte, velaremos, goberne quen goberne, porque se respecten os dereitos de todos os empregados públicos.

Programa ‘recoñecer e mellorar o emprego público (programa íntegro)

«A recuperación económica de Galicia non tería sido posible sen o esforzo e apoio dos empregados públicos galegos. A dura crise que acabamos de vivir esixiu moitos sacrificios de todos os cidadáns, e os traballadores das institucións autonómicas puxeron a súa vocación de servizo por diante de calquera demanda ou reivindicación profesional, poñendo a profesionalidade e o bo facer ao servizo da mellora das condicións de vida da cidadanía.

O PPdeG quere facer patente o recoñecemento a estas mulleres e homes que deron o mellor de si acompañando co seu labor o esforzo colectivo que foi necesario realizar para superar as dificultades dos tempos de crise.

A Xunta de Galicia decidiu non sanear as súas contas a costa do emprego dos seus traballadores, como si fixeron outras comunidades autónomas. Consecuentemente, Galicia foi a comunidade que mantivo máis estable o seu cadro de persoal durante a crise.

Na pasada lexislatura acometeuse unha intensa reforma do réxime do emprego público de Galicia coa aprobación da Lei do emprego público de Galicia. Esta norma constituirá a referencia para o conxunto do emprego público das administracións galegas. O seu desenvolvemento permitirá a modernización do réxime estatutario do conxunto de dereitos e obrigas dos profesionais ao servizo dos cidadáns das institucións públicas do noso país. Sinaladamente:

 Programa ‘Unha administración moderna, eficaz, eficiente e ao servizo dos cidadáns (programa íntegro)

«Galicia precisa modernizar o funcionamento e estrutura das administracións para dar unha resposta eficaz aos problemas derivados da realidade actual e facer fronte aos desafíos da modernidade. É posible e necesaria unha mellor distribución de traballo autonómico, eliminando disfuncións e revisando a funcionalidade e mesmo a continuidade de organismos paralelos ao servizo das consellerías.

Precisamos tamén modernizar a xestión da Xunta de Galicia, facéndoa máis eficiente e sinxela, aproveitando para iso as novas técnicas de xestión pública e as ferramentas tecnolóxicas actuais para impulsar a transición cara a un novo modelo máis moderno e áxil de administración.

Propostas concretas para a Xunta de Galicia

Seguridade. Propostas concretas

Servizos públicos de calidade (programa completo)

 «Todo modelo social que procure unha maior distribución da riqueza e da igualdade social ten de garantir uns servizos públicos universais e gratuítos, pois só así é posíbel construír unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria. Os servizos públicos son os alicerces que toda sociedade democrática necesita.

Propostas empregados públicos:

  (Programa completo)

  Non recollen propostas concretas para a Función Pública (programa completo)

Non recollen propostas concretas para a Función Pública (programa completo)

Salir de la versión móvil