O peso do voto dos empregados públicos forza á Xunta a adiantar o pago das extras: así o conta a prensa

Prensa Paga ExtraA práctica totalidade dos medios de comunicación en Galicia recolleron a exclusiva de CSI-F sobre o adianto do abono neste mes de agosto dos restos das pagas extras pendentes de 2012 e 2013.

O adianto responde a un intento da Xunta de querer ‘congraciarse’ cos empregados públicos antes das eleccións galegas, fixadas o 25 de setembro.

É dicir, esa procura descarada do noso voto é unha mostra de que os partidos son conscientes da forza que temos os empregados públicos á hora de poñer e quitar gobernos. E ese peso o que debemos evidenciar na nosa loita por recuperar o resto dos dereitos laborais e acordos retributivos suspendidos polo goberno da Xunta tanto no ámbito do SERGAS, XUSTIZA, ENSINO e UNIVERSIDADES como no ámbito da FUNCIÓN PÚBLICA.

Xa adiantamos que, como en todos os procesos electorais, na CSI-F estaremos moi pendientes dos programas de todos os partidos políticos para coñecer as súas propostas para o conxunto dos empregados públicos.

Resumo das novas publicadas:

La Voz de Galicia destaca que o adianto deste abono suporá unha media de 630 euros para cada traballador,  dos que 180 correspóndense coa parte devengada no 2013 e 450 coa do 2012, e subliña que foi CSI-F «quen adiantou a noticia a pesar de que un día antes o propio director xeral de Función Pública asegurase a esta central non ter información sobre este abono». Pola súa banda, Faro de Vigo e La Opinión, inciden, ademáis, en que CSI-F tacha de «electoralista» e «insuficiente» a medida e que «desde o PSdeG-PSOE non tardaron en sumarse ás críticas. Así,  Leiceaga, ironizou con que a «desesperación» do actual mandatario autonómico, Núñez Feijóo, levoulle a «emendarse a si mesmo».

Pola súa banda, El Correo Galego, recolle as declaracións de CSI-F, nas que se asegura que o adianto «corrobora o peso que os empregados públicos temos á hora de depositar o noso voto». Atlántico Diario pon sobre a mesa que os funcionarios xa mostramos «con fartura» a nosa «capacidade de sacrificio e solidariedade nos tempos difíciles», tal e como denunciou CSI-F, que aseverou que os traballadores da Administración mostrarán agora a súa «capacidade de esixir o que lles corresponde por dereito propio». Este xornal di, así mesmo, que Leiceaga acusou a Feijóo de «debilitar» e «non potenciar» aos empregados públicos.

La Región, El Progreso, El Ideal Gallego, ABC Galicia e Galicia Confidencial tamén se fixeron eco da forza do voto dos empregados públicos, decisiva na decisión de pagar as cantidades debidas antes do 25 de setembro.

Enlaces ás informacións publicadas: